dcsimg

Cirrio cafre ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cirrio cafre (Apus caffer) é un paxaro apodiforme da familia dos apódidos. Como o resto dos cirrios, o cirrio cafre ten unhas patas moi curtas que emprega só para agarrarse en superficies verticais. Pasa a maior parte da súa vida no ar e aliméntase de insectos.

Características

Mide entre 14 e 15 cm de lonxitude e ten, como os seus familiares, unha cola bifurcada curta e ás longas. É completamente escuro, excepto por unha mancha pálida na gorxa e outra preto do ano. Aseméllase moito ó cirrio pequeno, pero é máis fino e escuro.

Distribución e costumes

É nativo da África subsahariana, mais as súas poboacións téñense ampliado até Marrocos e o sur da Península ibérica. As poboacións do norte de África e da península son migratorias. Tamén acostuma asentarse en estruturas feitas polo ser humano como pontes e edificios.

Esta especie aprópiase dos niños doutros paxaros como os cirrios pequenos e as andoriñas. Os propietarios orixinais do niño son expulsados e unha vez ocupado, o cirrio cafre fórrao con plumas e cuspe. Adoita poñer un ou dous ovos.

Galería de imaxes

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cirrio cafre: Brief Summary ( Galician )