dcsimg

Tympanuchus cupido ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Tympanuchus cupido é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.

Endémica dos Estados Unidos, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae,[2] na súa páxina 160, baixo o nome de Tetrao cupido.[3][4]

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Tympanuchus.

O epíteto específico, cupido, vén do latín cupido, -inis, 'desexo', tirado de Cupido, deus do amor, ou talvez do adxectivo latino cupidus, -a, -um, 'desexoso', 'apasixoado'.[5]

Sinónimo

  • Tetrao cupido Linnaeus, 1758.[3][4]

Subespecies

A maioría dos autores recoñecen nesta especie as tres subespecies seguintes:[2][4]

Distribución e hábitat

A súa área de distribución encóntrase principalmente nas praderías do Medio Oeste dos Estados Unidos. A distribución desta especie reduciuse enormemente desde a colonización do territorio norteamericano, principalmente debido á conversión do seu hábitat en terras agrícolas.

Os machos permanecen nos seus lugares de cortexo en inverno, e as femias migran cara ao sur.

Hoxe en día sobrevive só nos estados de Nebraska, Oklahoma e Dakota do Sur. Unha poboación moi pequena ocupa o sueste de Texas, pero a supervivencia desta poboación non está asegurada.

Costumes

Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.[6]

Notas

  1. BirdLife International (2016): Tympanuchus cupido na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 12 de marzo de 2019.
  2. 2,0 2,1 Tympanuchus cupido (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  3. 3,0 3,1 páx. 160 do Systema Naturae.
  4. 4,0 4,1 4,2 Gallo de las Praderas Grande. Tympanuchus cupido (Linnaeus, 1758) en Avibase.
  5. Gran gallo de las praderas. Tympanuchus cupido segundo o Diccionario etimológico de Pedro Romero. En animalandia.
  6. Fiske, P.; Rintamaki, P. T. & Karvonen, E. (1088): "Mating success in lekking males: a meta-analysis". Behavioral Ecology 9: 328–338.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Tympanuchus cupido: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Tympanuchus cupido é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.

Endémica dos Estados Unidos, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician