O bilurico alinegro[2] (Tringa ochropus) é unha pequena ave limícola do Vello Mundo. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino que lle deu a esta especie Aldrovandus en 1599 baseándose no nome dunha ave, trungas, mencionada por Aristóteles. O nome específico ochropus vén do grego antigo okhros, 'ocre', e pous, 'pé'.[3]
O bilurico alinegro represena unha antiga liñaxe dentro do xénero Tringa; o seu único parente próximo vivo é o T. solitaria. Ambos teñen ás marróns con poucos puntos claros e un delicado pero contrastado debuxo no pescozo e peito. Ademais, ambas as especies aniñan nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.[4]
Dada a súa posición basal en Tringa, non é moi sorprendente que se informase de casos sospeitosos de hibridación entre esta especie e o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) do xénero irmán Actitis.
Esta especie é un limícola algo gordo cun dorso e ás marróns verdosos escuros, cabeza e peito cincentos e no resto do corpo é branco. O dorso está inzado de manchas brancas en variada extensión, sendo máxima no adulto reprodutor, e menor en inverno e nas aves novas. As patas e o curto bico son verdes escuros.
En voo é moi distinguible e cun padrón característico, coas súas ás escuras pola parte superior e inferior e unha rabadilla moi branca. Esta última característica destacable distíngueo da especie moi similar pero máis pequena T. solitaria de Norteamérica.
En voo emite un asubío de tres notas característico.
Reprodúcese ao longo da Europa e Asia subárticas e é unha ave migratoria, invernando no sur de Europa, o subcontinente indio, sueste asiático, e África tropical. En Galicia é unha ave escasa que aparece como ave de paso ou invernante.[2] Aliméntae de pequenos invertebrados que apaña na lama, xa que esta especie inspecciona continuamente arredor das beiras da lagoa elixida.
Non é unha especie gregaria, aínda que ás veces se congregan en pequeno número en lugares axeitados para a súa alimentación. É unha ave de auga doce, e a miúdo pode verse en sitios demasiado restrinxidos para outras limícolas, que tenden a preferir sitios cunha vista ampla xeral.
Pon de 2 a 4 ovos en niños nunha árbore vella que pertenceron a outra especie, como o Turdus pilaris. A posta tarda unhas tres semanas en facer eclosión.
O bilurico alinegro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA). Está amplamente distribuído e abunda, polo que a IUCN non o considera unha especie ameazada a escala global.[1]
O bilurico alinegro (Tringa ochropus) é unha pequena ave limícola do Vello Mundo. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino que lle deu a esta especie Aldrovandus en 1599 baseándose no nome dunha ave, trungas, mencionada por Aristóteles. O nome específico ochropus vén do grego antigo okhros, 'ocre', e pous, 'pé'.
O bilurico alinegro represena unha antiga liñaxe dentro do xénero Tringa; o seu único parente próximo vivo é o T. solitaria. Ambos teñen ás marróns con poucos puntos claros e un delicado pero contrastado debuxo no pescozo e peito. Ademais, ambas as especies aniñan nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.
Dada a súa posición basal en Tringa, non é moi sorprendente que se informase de casos sospeitosos de hibridación entre esta especie e o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) do xénero irmán Actitis.