O tritón do Montseny (Calotriton arnoldi) é unha especie de anfibio descrita a finais do 2005.[2] Trátase da única especie vertebrada endémica de Cataluña e o único urodelo endémico da península Ibérica.[3] Atópase en perigo de extinción.[4][5]
Dun tamaño aproximado de 10 cm de longo e co lombo de cor marrón, e ás veces con manchas amarales. O ventre é pálido, cunha mancha branca na gorxa.[6] Por toda a pel presenta pequenas rugosidades, coroadas por pequenas manchas negras. Está estreitamente relacionado co tritón pirenaico (C. asper). O tritón do Montseny foi observado por vez primeira no macizo do Montseny en 1979 e durante moitos anos foi considerada a mesma especie que o tritón pirenaico. No 2005, estudios científicos confirmaron a separación de ambas especies.[6] Coma outros urodelos, o seu ciclo vital transcorre totalmente dentro da auga.
Resulta moi difícil de atopar, vive nos cursos de auga nas partes máis remotas e de difícil acceso do Montseny. Require dunhas condicións ambientais excelentes: augas frescas e osíxenadas, limpas e con fondos pedregosos. Habitualmente rodeado por florestas de aciñeiras, faias ou especies típicas das riveiras dos ríos.[6]
O proxecto Life Tritón do Montseny levarase a cabo entre os anos 2016 e 2020.[6] Promove diversas accións para garantir a supervivencia da especie e a conservación do seu hábitat. Unha das accións máis importantes é a da cría en catividade. Deste xeito aumentando a poboación da especie, garantirase a súa reserva xenética e poderanse levar introducións controladas con tal de aumentar a súa distribución xeográfica.[6] Ademais do Parque Natural do Montseny tamén se realiza a cría desta especie no zoo de Barcelona, no Centre de Fauna de Pont de Suert e no Centre de Fauna de Torreferrussa.[6]
O tritón do Montseny (Calotriton arnoldi) é unha especie de anfibio descrita a finais do 2005. Trátase da única especie vertebrada endémica de Cataluña e o único urodelo endémico da península Ibérica. Atópase en perigo de extinción.