dcsimg

Delias eucharis ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Delias eucharis é unha bolboreta piérida de tamaño medio que se atopa en zonas do sur e sueste asiático, especialmente en zonas non áridas de India, Sri Lanka, Myanmar[1] e Tailandia. É unha das especies máis estendidas do xénero Delias.

Descrición

A envergadura tanto do macho como da femia vai dende os 6,5 até os 8,5 cm.

Macho

CommonJezebel.jpg

A zona superior é branca. As ás dianteiras teñen os nervios máis ou menos negros, ensanchándose triangularmente na terminación dos mesmos. A nerviosa costal é negra. A banda negra postdical que vai desde a costal até o dorso descende oblicuamente cara a fóra desde a costal até o cuarto nervio, e logo vai paralela á marxe externa. Os nervios da á traseira son similares pero con tres cuartos da súa lonxitude con nervios máis intensamente negros. A banda postdiscal é como a da á dianteira mais máis estreita, curvada e esténdese só entre o segundo nervio e o sexto, logo os nervios son máis ou menos negros e, como nas ás dianteiras, ensánchase cara a fóra triangularmente nas súas terminacións. As celas tras a postdiscal son rosadas, debido á coloración rubia da zona inferior.[1]

Na zona inferior, as ás dianteiras son parecidas pero cos bordos negros dos nervios máis anchos, coas celas superiores tras a postdiscal tinxidas de amarelo. As ás traseiras teñen fondo amarelo, os nervios e a postdiscal son como na zona superior pero máis intensamente negros, esta última esténdese desde a costal até o segundo nervio. As celas entre os nervios están coloreadas con formas lanceoladas avermelladas, cada forma rodeada de branco. A parte basal da sexta cela é branca, en contraste co amarelo do fondo.

A antena é negra; a cabeza, o tórax e o abdome son brancos, a articulación apical do pedipalpo é negro, a cabeza e o tórax teñen pelos negros que lle dan a estas partes unha aparencia gris azulada.

Femia

As femias son parecidas aos machos, pero cos nervios máis anchos.[1]

Hábitat

 src=
Delias eucharis nunha flor

Esta bolboreta é moi común no seu hábitat. Atópase por toda a India agás en zonas desérticas e en altitudes superiores aos 1.000 metros. Pode observarse facilmente por zonas onde haxa árbores, incluso dentro das cidades, voando polas árbores e indo de flor en flor.

Vese polos xardíns. As femias poden ser vistas voando entre as árbores na procura de plantas hospedeiras, mentres que os machos son máis frecuentemente observados visitando flores e pucharcas de lama para alimentarse. Descansa coas ás fechadas visibilizando a súa cor brillante da zona inferior.

Normalmente anda sobre as árbores e baixa só para alimentarse do néctar das flores. Debido a este hábito, estas bolboretas desenvolveron unha zona superior mate e unha inferior brillante, así que os paxaros recoñécenas inmediatamente cando están por debaixo delas.

Protección

Ten unha coloración brillante para indicar o feito de que é de sabor desagradable debido ás toxinas acumuladas polas larvas das plantas hóspede.

Como outras bolboretas de sabor desagradable, é imitada pola Prioneris sita. Pódese distinguir pola forma das súas moutas avermelladas das ás traseiras. Na Prioneris sita estas moutas son moi cadradas mentres que na delias eucharis teñen forma de frecha. A Prioneris sita tamén voa máis rápido e tamén se alimenta nas pozas de lodo.

Ciclo vital

A delias eucharis cría durante todo o ano.

Ovos

Os ovos son deixados en grupos dun a dúas decenas, aínda que se ten constancia de grupos máis numerosos. Os ovos son deixados na parte inferior da folla da planta hóspede.

Larva

 src=
Eirugas

As eirugas son gregarias no seu primeiro estadio. Son de cor marela marrón con cabeza negra e teñen tubérculos brancos dos que sobresaen pelos brancos.

 src=
Eirugas

Son longas, cilíndricas e suaves cun brillo oleoso. Posúen dúas fileiras subdorsais de longos pelos brancos saíndo de pequenos tubérculos brancos; a cabeza, os lados e as costas escasamente poboados por pequenos pelos brancos; e cabeza patas negras. Pode ser encontrada a principios de agosto por todos os lados do Loranthus. Nunca o encontramos alimentándose doutra cousa. A diferenza da maioría de bolboretas esta especie deixa até vinte ou trinta ovos nunha folla, en filas paralelas, a intervalos iguais, e as larvas continúan de certo xeito gregarias até a fin, podéndose encontrar moitas crisálides xuntas, con pequena distancias un das outras, nunha parede, ou no tronco dunha árbore."[1]

Cando nacen, primeiro aliméntanse da casca do seu ovo, e logo van até a marxe máis próxima da folla onde a comezan a devorar, movéndose despois para outra. Devoran colectivamente folla tras folla até que pasan os seus primeiros estadios do estaxio larval. Seguindo, pois, o seu desenvolvemento, as larvas, de curta vida, convértense en crisálides.

Crisálide

 src=
Crisálide.

A crisálide suxeitase debilmente pola cola e unha banda xeralmente a unha superficie vertical coa cabeza cara arriba. É moderadamente forte cun pequeno "fociño", dous pequenos tubérculos na cabeza, unha crista dorsal puntiaguda non prominente no tórax seguida nunha fila de tubérculos nos segmentos abdominais. Debaixo destes hai dúas filas partidas subdorsais. É de cor amarela brillante, e os tubérculos e a fileira de puntos definindo o sitio das ás son negros.

Moitas son destruídas por moscas parasitas, moi parecidas ás moscas caseiras.[1]

 src=
Crisálide.

A crisálide é de cor amarela brillante. Está punteada con moutas e liñas negras. Está suxeita á parte inferior dunha folla ou rama ou calquera outra superficie adecuada por un forte rabecho e unha banda cinxida ao corpo.

Alimentación

As plantas hospedeiras son varias especies de pequenos arbustos que á súa vez son parasitos que medran en pólas das árbores como a Loranthus.[2] A súa capacidade para formar densas agregacións como eirugas e alimentarse da Loranthus deu pé a que se poida empregar para controlar este parasito.[3]

Imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Bingham, C. T. (1907) The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma. Butterflies. Vol 2
  2. Sevastopulo, DG, "Food plant of Delias eucharis Drury." Journ. Bombay Nat. Hist. Soc, vol. 49: p. 571. Dec. 1950.
  3. Mushtaque, M. and G. M. Baloch (1979) Possibilities of biological control of mistletoes, Loranthus spp., using oligophagous insects from Pakistan. Journal BioControl 24(1)

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Delias eucharis: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Delias eucharis é unha bolboreta piérida de tamaño medio que se atopa en zonas do sur e sueste asiático, especialmente en zonas non áridas de India, Sri Lanka, Myanmar e Tailandia. É unha das especies máis estendidas do xénero Delias.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician