dcsimg

Erinaceidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os erinaceidos (Erinaceidae) son unha familia de mamíferos da orde dos eulipotifles. Contén os coñecidos ourizos (subfamilia Erinaceinae) de Eurasia e África, e os galericinos (subfamilia Galericinae) do sueste de Asia. Anteriormente, esta familia foi considerado parte da orde dos insectívoros, pero no presente esta clasificación é considerada obsoleta por ser polifilética.[1]

No mundo hai 16 especies de ourizos divididas en cinco xéneros, que se atopan en partes de Europa, Asia, África e Nova Zelandia. Non hai especies nativas en Australia nin en América do Norte ou do Sur, e os que habitan en Nova Zelandia foron introducidos. Son mamíferos insectívoros que mudaron pouco nos últimos 15 millóns de anos e que se adaptaron á vida nocturna.

Hábitos

Os ourizos son animais principalmente nocturnos, que se alimentan de insectos, caracois, lesmas e de vexetais. Os seus predadores principais son as curuxas e os furóns. O ourizo conta coa súa coloración como camuflaxe, máis cando se sente ameazado enrólase nunha bola expoñendo os seus espiños.

Notas

  1. Hutterer, Rainer.

Véxase tamén

Bibliografía

  • HUTTERER, R. Order Erinaceomorpha. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 212-219.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Erinaceidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os erinaceidos (Erinaceidae) son unha familia de mamíferos da orde dos eulipotifles. Contén os coñecidos ourizos (subfamilia Erinaceinae) de Eurasia e África, e os galericinos (subfamilia Galericinae) do sueste de Asia. Anteriormente, esta familia foi considerado parte da orde dos insectívoros, pero no presente esta clasificación é considerada obsoleta por ser polifilética.

No mundo hai 16 especies de ourizos divididas en cinco xéneros, que se atopan en partes de Europa, Asia, África e Nova Zelandia. Non hai especies nativas en Australia nin en América do Norte ou do Sur, e os que habitan en Nova Zelandia foron introducidos. Son mamíferos insectívoros que mudaron pouco nos últimos 15 millóns de anos e que se adaptaron á vida nocturna.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician