A dos soleidos (Soleidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes que comprende máis dun cento de especies coñecidas na bibliografía internacional como linguados verdadeiros e, en galego, como linguados, lirpas e acedías.
Os linguados habitan sobre fondos areosos preto das costas mariñas e tamén en cursos de auga doce. As especies de augas salobres e salgadas viven no Atlántico oriental, no Índico e no Pacífico occidental e central. As de auga doce encóntranse en África, o sur de Asia, Nova Guinea e Australia.
No pasado, os linguados das Américas (tanto os de auga salgada coma doce) incluíronse nesta familia, pero hoxe foron separados para formar a súa propia, a dos aquíridos (Achiridae) ou linguados americanos. O único linguado verdadeiro que habita nesta zona é especie é Aseraggodes herrei, das Galápagos (e que tamén vive nas illas Cocos, no Índico).[3]
Aínda que a maioría das especies viven preto da costa, nn linguado que se asemellaba a un pequeno halibut foi observado polo batiscafo Trieste na parte inferior da fosa das Marianas, a uns 11 km de profundidade.[4] Porén, esta observación foi cuestionada por expertos en peixes, e as autoridades non a recoñecen como válida.[5]
Depredadores, alimentándose de crustáceos e outros invertebrados. Ao naceren presentan simetría bilateral, e durante o seu desenviolvemento ambos os ollos desprázanse ao lado dereito da cabeza. Viven a maior parte do tempo co lado cego recostado sobre o leito acuático.
De cores escuras, a súa delgadeza e quietude sobre o fondo fai deles unha presa difícil para outros depredadores.
Son moi apreciados en gastronomía pola súa carne branca e fina, de sabor delicado. Entre as especies máis consumidas e apreciadas destaca o linguado común, ou linguado propiamente dito,[6] Solea solea.
O nome científico da familia, Soleidae, fórmase, como é habitual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Solea, engadíndolle a desinencia -´idae empregada para formar os nomes das familias de animais. Pola súa parte, Solea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[7]
O seu corpo é alongado, coa cabeza tamén longa e os ollos, como quedou dito, situados no lado dereito o corpo.[8]
Caracterízanse por ter o corpo comprimido lateralmente e porque, ao viviren acostados sobre un dos seus lados nos fondos areosos, sofren unha modificación que consiste na migración dun ollo ao outro lado (o dereito), de tal modo que presentan un lado cego, non pigmentado, que é o que se pousa no fondo, e outro cos dous ollos, pigmentado, que é o que aparece como superior (aínda que realmente sexa un dos costados do peixe).[9]
O extremo frontal do corpo e a cabeza son arredondados. A mandíbula superior é protráctil. A parte posterior do opérculo frontal está cuberta por pel. As narinas e as mandíbulas da acra cega están rodeadas por pequenas papilas sensitivas en forma de filamentos.[10]
Segundo FishBase, a familia comprende 30 xéneros cun total dunhas 180 especies. Os xéneros son:[11]
Porén, outros sistemas de clasificación admiten máis (WoRMS, 32)[2] ou menos (SIIT, 29) xéneros.[12]
En Galicia, nas últimas décadas, están cultivándose con grande éxito algunhas especies de linguados, no só o autóctono, Solea solea, senón tamén a especie Solea senegalensis.[13]
En palabras do director do Centro Tecnolóxico de Acuicultura de Galicia (Cetga), "O linguado é a especie de maior potencial de todas as que se están investigando, sen dúbida, e a gran aposta da industria acuícola".[14]
A dos soleidos (Soleidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes que comprende máis dun cento de especies coñecidas na bibliografía internacional como linguados verdadeiros e, en galego, como linguados, lirpas e acedías.
Os linguados habitan sobre fondos areosos preto das costas mariñas e tamén en cursos de auga doce. As especies de augas salobres e salgadas viven no Atlántico oriental, no Índico e no Pacífico occidental e central. As de auga doce encóntranse en África, o sur de Asia, Nova Guinea e Australia.
No pasado, os linguados das Américas (tanto os de auga salgada coma doce) incluíronse nesta familia, pero hoxe foron separados para formar a súa propia, a dos aquíridos (Achiridae) ou linguados americanos. O único linguado verdadeiro que habita nesta zona é especie é Aseraggodes herrei, das Galápagos (e que tamén vive nas illas Cocos, no Índico).
Aínda que a maioría das especies viven preto da costa, nn linguado que se asemellaba a un pequeno halibut foi observado polo batiscafo Trieste na parte inferior da fosa das Marianas, a uns 11 km de profundidade. Porén, esta observación foi cuestionada por expertos en peixes, e as autoridades non a recoñecen como válida.
Depredadores, alimentándose de crustáceos e outros invertebrados. Ao naceren presentan simetría bilateral, e durante o seu desenviolvemento ambos os ollos desprázanse ao lado dereito da cabeza. Viven a maior parte do tempo co lado cego recostado sobre o leito acuático.
De cores escuras, a súa delgadeza e quietude sobre o fondo fai deles unha presa difícil para outros depredadores.
Son moi apreciados en gastronomía pola súa carne branca e fina, de sabor delicado. Entre as especies máis consumidas e apreciadas destaca o linguado común, ou linguado propiamente dito, Solea solea.