O carabineiro[1][2] (Aristaeopsis edwardsiana) é unha especie de crustáceo decápodo da familia Aristeidae.[3] É de aspecto similar aos lagostinos e gambas, aínda que é bastante máis grande. De forte coloración rubia escura, ten un corpo alto e esmagado lateralmente e unha cabeza igualmente alongada. O seu tamaño pode alcanzar os 30 cm.
O carabinero é unha especie habitual nos mercados españois, podéndose confundir co lagostino moruno, que é de calidade culinaria similar.
A maioría das capturas proceden do sur da península Ibérica, e lévanse a cabo de maneira homoxénea ao longo de todo o ano. É especialmente exquisito cociñado á prancha, só con sal.
O carabineiro (Aristaeopsis edwardsiana) é unha especie de crustáceo decápodo da familia Aristeidae. É de aspecto similar aos lagostinos e gambas, aínda que é bastante máis grande. De forte coloración rubia escura, ten un corpo alto e esmagado lateralmente e unha cabeza igualmente alongada. O seu tamaño pode alcanzar os 30 cm.