As ebenáceas (Ebanaceae) son unha familia de plantas arbóreas ou arbustivas pertencente á orde Ericales. Componse de case 800 taxons específicos e infraespecíficos aceptados (uns 60 en Euclea e 8 en Lissocarpa) - dos case 2.000 descritos,[1] en xeral de países tropicais.
Son árbores ou arbustos, xeralmente dioicas, ás veces monoicas ou polígamas. Follas alternas ou raramente opostas, simples, enteiras sen estípulas. Inflorescencias cimosas ou flores solitarias, axilares, actinomorfas, as estaminadas con ovario vestixial e as pistiladas a miúdo con estaminodios; cáliz connado, 3–7-lobado, persistente e a miúdo acrescente no froito; corola de pétalos soldados, 3–7-lobada, imbricada, de prefloración espiral ou ás veces valvada; estames insertados á base do tubo da corola ou ao receptáculo, xeralmente (1) 2 (–5) veces o número de lóbulos da corola e en 2 verticilos; anteras con dehiscencia lonxitudinal ou ás veces poricida; xineceo sincárpico, estilos 2–8, fusionados a maior parte da súa lonxitude e con aparencia de ser un só, ou ben case libres, ovario súpero, (2) 3–8 (–10)-carpelar, cada carpelo a miúdo partido no medio e entón os lóculos en dobre número que os carpelos, óvulos 1 (2) por lóculo. Froito unha baga xeralmente zumarenta a algo coriácea ou ás veces unha cápsula.[2]
Uns 750 taxons aceptados, dos cales os máis importantes ou coñecidos son:
As ebenáceas (Ebanaceae) son unha familia de plantas arbóreas ou arbustivas pertencente á orde Ericales. Componse de case 800 taxons específicos e infraespecíficos aceptados (uns 60 en Euclea e 8 en Lissocarpa) - dos case 2.000 descritos, en xeral de países tropicais.