dcsimg

Lontra felina ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

Non confundir con Enhydra lutris.

Lontra felina é unha especie de londra que habita nas costas pacíficas de Suramérica. É a especie máis pequena e a única mariña do xénero Lontra, que inclúe ademais varias especies fluviais americanas. En Norteamérica vive outra londra mariña máis grande da especie Enhydra lutris.

Descrición

 src=
Un exemplar nadando.

Acada de 70 a 80 cm de longo, aos que hai que sumar outros 30 cm da cola, e chega a pesar uns 5 kg. A súa cor é parda escura cun pelame con pelos duns 20 mm que oculta uns pelos finos curtos de aproximadamente 12 mm con reflexos azulados. As patas son curtas e palmadas e con uñas fortes, e a súa palma é a única parte do corpo non cuberta por un pelame mesto. Ten 36 dentes e unha fórmula dental de 3.1.3-4.13.1.3.2. Os dentes están especializados en cortar e non en esmagar e crebar. Non presenta dimorfismo sexual.,[2][3][4][5]

Hábitat e distribución

Habitan maiormente en costas rochosas, moi rara vez se pode ver en praias. Na auga é unha gran mergulladora que logra nadar tranquilamente en mar tempestuoso. Porén, aínda sendo unha das londras mariñas, pasa gran parte do tempo fóra da auga.

De forma natural encóntranse desde Chimbote en Perú cara ao sur, ao longo de toda a costa de Chile, ata o arquipélago de Terra do Fogo, incluíndo o sector arxentino. Tamén hai algúns exemplares nas illas Malvinas, onde se naturalizaron despois de que fosen introducidas con intención de crialas. Aínda que nunca se afastan moito da costa, poden ascender corrente arriba polos ríos, e téñense atopado nos ríos Majes e Ocoña de Arequipa.

É un animal escaso, con poboacións moi localizadas e considerado en perigro de extinción.

Un lugar de fácil acceso onde segue sendo posible observalas é o sector de Los Molles, un dos Sitios Prioritarios de Conservación da Biodiversidade da rexión de Valparaíso.[6][7]

Alimentación

Aliméntase de pequenos animais que captura mergullándose ata o fondo en augas pouco fondas. Come as presas pequenas sobre o seu peito mentres aboia boca arriba, a mesma postura coa que transporta ata a beira do mar as presas maiores (aves mariñas). Tamén se pode ver ás veces consumindo os froitos das bromeliáceas.

Reprodución

Parece que habitualmente teñen un comportamento monógamo. As crías nacen entre xaneiro e marzo e son coidadas por ambos os proxenitores durante uns 10 meses. Na auga, as crías son transportadas sobre o ventre dos seus maiores, igual que os alimentos.

Conservación

Son escasas e están protexidas pola lei en Perú, Chile e Arxentina. No pasado foron intensamente cazadas pola súa pel e porque se pensaba que prexudicaban as pesquerías, polo que foron case erradicadas de Arxentina e as Malvinas. Aínda segue habendo furtivismo. A IUCN considéraa "en perigo" de extinción. Están na lista de CITES Appendix I desde 1976. A ONG OBC Chinchimen dedicouse á súa protección en Chile; os seus numerosos esforzos fixeron que as poboacións desta especie aumentasen.[8]

Notas

  1. Valqui, J. & Rheingantz, M. L. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. "The Hunt: Race Against Time (Coasts)". BBC. Consultado o 2015-12-06.
  3. "Chilean marine otter: Meet the sea cat". BBC Wildlife. Immediate Media Company. 30 March 2011. Consultado o 31 May 2018.
  4. Jefferson, Thomas A.; Webber, Marc A.; Pitman, Robert L. (2015). Marine Mammals of the World: A Comprehensive Guide to their Identification (en inglés). San Diego: Academic Press. pp. 539–541. ISBN 0124095925.
  5. "Marine Otter - Lontra felina". Encyclopedia of Life. n.d. Consultado o 31 May 2018.
  6. "COREMA Aprobó Estrategia Regional de Conservación de la Biodiversidad". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 18 de maio de 2019.
  7. "inclúe: Ficha do sitio prioritario Los Molles Pichidangui" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 18 de maio de 2019.
  8. Lontra felina

Véxase tamén

Bibliografía

  • Reeves, R. R., Stewart, B. S., Clapham, P. J., and J. A. Powell. 2002. National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World. Alfred A. Knopf. p. 47-48.

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Lontra felina: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供
Non confundir con Enhydra lutris.

Lontra felina é unha especie de londra que habita nas costas pacíficas de Suramérica. É a especie máis pequena e a única mariña do xénero Lontra, que inclúe ademais varias especies fluviais americanas. En Norteamérica vive outra londra mariña máis grande da especie Enhydra lutris.

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician