Ralstonia é un xénero de proteobacterias, que antes estaba incluído no xénero Pseudomonas. Recibe o seu nome pola bacterióloga estadounidense Ericka Ralston (nacida Ericka Barrett),[2] a cal identificou 20 cepas de Pseudomonas que formaban un grupo fenotípico,[3] e denominounas Pseudomonas pickettii, por M. J. Pickett, investigador do Universidade de California en Los Angeles que lle enviara as cepas. Posteriormente, P. pickettii foi transferida ao novo xénero Ralstonia, xunto conoutras especies.[4]
Especies do xénero Ralstonia foron tamén identificadas como contaminantes comúns dos kits de extracción de ADN ou de reactivos de PCR, o que pode causar que apareza erradamente como presente en conxuntos de datos de microbiota ou metaxenómica.[5]
Ralstonia é un xénero de proteobacterias, que antes estaba incluído no xénero Pseudomonas. Recibe o seu nome pola bacterióloga estadounidense Ericka Ralston (nacida Ericka Barrett), a cal identificou 20 cepas de Pseudomonas que formaban un grupo fenotípico, e denominounas Pseudomonas pickettii, por M. J. Pickett, investigador do Universidade de California en Los Angeles que lle enviara as cepas. Posteriormente, P. pickettii foi transferida ao novo xénero Ralstonia, xunto conoutras especies.