dcsimg

Actinomyces ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Actinomyces é un xénero de bacterias grampositivas da clase das actinobacterias. As Actinomyces son anaeróbicas facultativas (coa excepción de A. meyeri, que é anaeróbica estrita). Todas as especies crecen mellor en condicións anaeróbicas. As especies deste xénero non forman endósporas, e son de forma bacilar, pero as súas colonias forman redes ramificadas parecidas ás hifas de fungos (antes recibían o nome de actinomicetos).[1] O aspecto desta colonias fixo que inicialmente se pensase erradamente que eran fungos, e explica que o seu nome "Actinomyces" en grego signifique "fungo de raios".

Os Actinomyces son coñecidos por causaren doenzas nos humanos, e polo importante papel que desempeñan na ecoloxía do solo. Producen varios encimas que axudan a degradar material orgánico vexetal, lignina, e quitina. A súa presenza é importante para a formación de compost.

Xenómica

As árbores filoxenéticas baseadas nas secuencias dos ARNr 16S indican que o xénero Actinomyces é bastante diverso, e mostra unha ramificación polifilética en varios grupos distintos. O xénero Actinomyces e Mobiluncus forman un clado monofilético na árbore filoxenética construída usando as secuencias das proteínas RpoB, RpoC e ADN xirase B. Este clado está tamén moi apoiado pola presenza nel dun indel sinatura conservado formado por unha inserción de 3 aminoácidos na isoleucina-ARNt sintetase, xa que se encontra só nas especies dos xéneros Actinomyces e Mobiluncus.[2]

Patoloxía

As especies de Actinomyces están normalmente presentes nas enxivas e son a causa máis común de infección en intervencións odontolóxicas e abscesos orais. Moitas especies de Actinomyces son patóxenos oportunistas de humanos e outros mamíferos, especialmente na cavidade oral.[3] En raros casos, estas bacterias poden causar actinomicose, que é unha doenza caracterizada pola formación de abscesos na boca, pulmóns, ou tracto gastrointestinal.[4] A actinomicose é causada con maior frecuencia pola especie Actinomyces israelii, a cal pode tamén causar endocardite, aínda que os síntomas resultantes poden ser similares aos producidos por infeccións por outras bacterias.[5][6] Aggregatibacter actinomycetemcomitans foi identificada na enfermidade periodontal.

Galería de imaxes

Notas

  1. Holt JG (editor) (1994). Bergey's Manual of Determinative Bacteriology (9th ed.). Williams & Wilkins. ISBN 0-683-00603-7.
  2. Beile Gao; Radhey S. Gupta (2012). "Phylogenetic Framework and Molecular Signatures for the Main Clades of the Phylum Actinobacteria". Microbiol. Mol. Biol. Rev. 76 (1): 66–112. doi:10.1128/MMBR.05011-11.
  3. Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1.
  4. Bowden GHW (1996). Actinomycosis in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
  5. Lam, S; Samraj, J; Rahman, S; Hilton, E (April 1993). "Primary actinomycotic endocarditis: case report and review.". Clinical infectious diseases : an official publication of the Infectious Diseases Society of America 16 (4): 481–5. PMID 8513051.
  6. Adalja, AA; Vergis, EN (August 2010). "Actinomyces israelii endocarditis misidentified as "Diptheroids".". Anaerobe 16 (4): 472–3. PMID 20493959.

Véxase tamén

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Actinomyces: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Actinomyces é un xénero de bacterias grampositivas da clase das actinobacterias. As Actinomyces son anaeróbicas facultativas (coa excepción de A. meyeri, que é anaeróbica estrita). Todas as especies crecen mellor en condicións anaeróbicas. As especies deste xénero non forman endósporas, e son de forma bacilar, pero as súas colonias forman redes ramificadas parecidas ás hifas de fungos (antes recibían o nome de actinomicetos). O aspecto desta colonias fixo que inicialmente se pensase erradamente que eran fungos, e explica que o seu nome "Actinomyces" en grego signifique "fungo de raios".

Os Actinomyces son coñecidos por causaren doenzas nos humanos, e polo importante papel que desempeñan na ecoloxía do solo. Producen varios encimas que axudan a degradar material orgánico vexetal, lignina, e quitina. A súa presenza é importante para a formación de compost.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia