dcsimg

Luceiros ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Os luceiros, barbas de vello, barbas de ouro, damas do bosque[1], (Nigella damascena), chamada en inglés: love in the mist (amor na brétema) ou devil in the bush (demo no mato)[2] é unha planta anual de xardín cultivada polas súas flores, que pertence á familia Ranunculaceae. Toda a planta é tóxica.

Descrición

Os seus sépalos - moito máis grandes e coloreados que os seus pétalos - poden ser brancos, rosados, azuis ou violetas claros. Cultivada para a decoración ou arranxos florais, obténdose cores moi variadas e impresionantes. Florea de maio a xullo.

Hábitat e distribución

É nativa do sur de Europa, propia da zona mediterránea e macaronésica, aparece na cornixa cantábrica procedente de cultivos. Tamén se poden atopar, aínda que de maneira escasa en países ao norte de Europa, norte de África e suroeste de Asia. Comunmente tamén medra nos xardíns de América do Norte.

Medra silvestre en sitios anegados. Cultivada como ornamental, aparece en ocasións asilvestrada en gabias, bermas, beirís de camiños e zonas alteradas.

Nigella damascena 2015-05-29 OB 255.jpg
 src=
Cápsula.

Sinónimo

  • Nigella taurica Steven [1856]
  • Nigella damascena var. coarctata W.T.Aiton [1811]
  • Nigella damascena subsp. minor (Boiss.) A.Terracc. [1897]
  • Nigella bourgaei Jord. [1852]
  • Melanthium damascenum (L.) Medik. [1789]
  • Nigella multifida Gaterau [1789]
  • Nigella involucrata Moench [1794]
  • Nigella elegans Salisb. [1796]
  • Nigella caerulea Lam. [1779]
  • Erobatos damascenum (L.) Spach[3]
  • Nigella arvensis var. minor Boiss.
  • Nigella arvensis var. oligogyna Caball.
  • Nigella bourgaei Jord.[4]

Notas

  1. Nomes vulgares galegos en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Gran dicionario Xerais da lingua galega' Vigo, Xerais, 2009
  2. Véxase este nome documentado polo departamento de agricultura dos Estados Unidos
  3. Sinónimos en Tela Botánica Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  4. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén

Referencias

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Luceiros: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Os luceiros, barbas de vello, barbas de ouro, damas do bosque, (Nigella damascena), chamada en inglés: love in the mist (amor na brétema) ou devil in the bush (demo no mato) é unha planta anual de xardín cultivada polas súas flores, que pertence á familia Ranunculaceae. Toda a planta é tóxica.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia