dcsimg

Cangrexo real ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

O cangrexo real [1][2][3][4] (Chaceon affinis) é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos xeriónidos.

Taxonomía

A especie foi definida en 1894 por Alphonse Milne-Edwards e Eugène Louis Bouvier, co nome de Gerypon affinis.[5]

Durante moito tempo coñeceuse polo seu sinónimo Geryon affinis,[6] até que hai pouco foi reclasificada dentro do xénero Chaceon.

Hábitat e distribución

O cangrexo real é unha especie de profundidade, entre os 400 e os 2000 m de profundidade, e sobre todo tipo de substratos,[4] que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Islandia até o oeste de África, incluíndo as illas Azores, Madeira, Canarias e Cabo Verde, até Suráfrica, e na coata leste de Norteamérica, nas do océano Índico e nas de Australia.[6][7][8]

Características

As principais características morfolóxicas do cangrexo real son:[7]

  • Casca de forma hexagonal, máis larga que longa, de entre 13 a 15 cm de anchura, nos machos.
  • Marxes anterolaterais do cacho con cinco dentes pouco desenvolvidos.
  • Marxes posterolaterais longas, case rectas e converxentes.
  • Rexión frontal con dous dentes ou lóbulos estreitos.
  • As anténulas repréganse transveralmente oblicuas.
  • O artello basal daa antenas é máis longo que largo.
  • Os quelípodos son moderadamente grosos, e algo desiguais.
  • Os pereiópdos do 2º ao 5º par son longos e moderadamente delgados, sendo os do 3º e o 4º loxeiramente máis longos que o resto.
  • O abdome presenta todos os segmentos libres en amos os dous sexos.
  • O primeiro pleópodo do macho é robusto e curto, coa punta curvada cara a fóra.; a parte basal é ancha e vai estreitándose gradualmente.

En Galicia

En Galicia encóntrase en abundancia no banco de Galicia, a 100 millas de Fisterra, onde se apañaron exemplares de tamaños que oscilaban entre os 9 e os 19 cm de anchura do cacho, e que foron capturados a uns 700 m de profundidade con nasas e accidentalmente con palangre.[7]

Segundo o investigador Germán Pérez-Gándaras Pedrosa, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, esta especie podería ser potencialmente explotábel, cara á súa comercialización para o consumo.[7]

De feito, a partir do ano 1999 as súas capturas son significativas. Para pescalo hai barcos especialmente preparados con nasas específicas de maior tamaño que as habituais. Ocasionalmente encallan nas raeiras.[4]

O tamaño mínimo permitido para a súa captura é de 10 cm.[4]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cangrexo.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 65. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  3. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 208.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Cangrexo real Chaceon affinis Arquivado 21 de agosto de 2014 en Wayback Machine. en confrariasgalicia.org
  5. Geryon affinis A. Milne-Edwards & Bouvier, 1894 no WoRMS.
  6. 6,0 6,1 Chaceon affinis (A. Milne-Edwards & Bouvier, 1894) no WoRMS
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), p. 129. (Citado como Geryon affinis)
  8. Manning, R. B. & Holthuis, L. B. (1981): West Africa Brachyuran Crabs (Crustacea: Decapoda). Smithsonian Contributions to Zoology, Nº 306. Washington, USA; Smithsonian Institution Press.

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Cangrexo real: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

O cangrexo real (Chaceon affinis) é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos xeriónidos.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Tröllakrabbi ( İzlandaca )

wikipedia IS tarafından sağlandı

Tröllakrabbi er stærsti krabbinn í krabbaætt. Hann er yfirleitt 8–9,926 cm en lengsta eintak af þessari tegund var 15,5 cm löng. Tröllakrabbar halda sér á 200 til 2000 m dýpt.

Veiði og veiðisvæði

Tröllakrabbar eru að mestu leiti veiddir í Norðaustur-Atlantshafi.

Líffræði

Skelin á tröllakrabbanum er sexhyrnd og er aðeins lengri á breiddina en á lengdina. Hún getur orðið 210mm og vegið næstum 2kg. Tennurnar eru litlar, karldýr eru að meðaltali aðeins stærri en kvendýr. Kynþroska er náð fyrir 10cm breidd. Kvendýr geta verið egglaus frá mars til ágúst. (Encyclopedia of life, e.d)

Tilvísanir

  1. (1996) , database, NODC Taxonomic Code
  2. Manning, Raymond B., and L. B. Holthuis (1989) Two new genera and nine new species of Geryonid crabs (Crustacea, Decapoda, Geryonidae), Proceedings of the Biological Society of Washington, vol. 102, no. 1
lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Höfundar og ritstjórar Wikipedia
orijinal
kaynağı ziyaret et
ortak site
wikipedia IS

Tröllakrabbi: Brief Summary ( İzlandaca )

wikipedia IS tarafından sağlandı

Tröllakrabbi er stærsti krabbinn í krabbaætt. Hann er yfirleitt 8–9,926 cm en lengsta eintak af þessari tegund var 15,5 cm löng. Tröllakrabbar halda sér á 200 til 2000 m dýpt.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Höfundar og ritstjórar Wikipedia
orijinal
kaynağı ziyaret et
ortak site
wikipedia IS

Chaceon affinis ( Felemenkçe; Flemish )

wikipedia NL tarafından sağlandı

Chaceon affinis is een krabbensoort uit de familie van de Geryonidae.[1] De wetenschappelijke naam van de soort is voor het eerst geldig gepubliceerd in 1894 door A. Milne-Edwards & Bouvier.

Bronnen, noten en/of referenties
  1. Türkay, M. (2013). Chaceon affinis (A. Milne-Edwards & Bouvier, 1894). Geraadpleegd via: World Register of Marine Species op http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=107369
Geplaatst op:
21-03-2013
Dit artikel is een beginnetje over biologie. U wordt uitgenodigd om op bewerken te klikken om uw kennis aan dit artikel toe te voegen. Beginnetje
lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Wikipedia-auteurs en -editors
orijinal
kaynağı ziyaret et
ortak site
wikipedia NL

Habitat ( İngilizce )

World Register of Marine Species tarafından sağlandı
Known from seamounts and knolls

Referans

Stocks, K. 2009. Seamounts Online: an online information system for seamount biology. Version 2009-1. World Wide Web electronic publication.

lisans
cc-by-4.0
telif hakkı
WoRMS Editorial Board
Katkıda bulunan
[email]