dcsimg

Papuxas ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae).

O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas,[1] propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.

Caractarísticas

Son aves de pequeno tamaño, plumaxe discreta, pouco rechamante, canto melodioso e prolongado, moi activas, que se moven constantemente en busca de insectos, dos que se alimentan.

Habitan zonas de bosques frondosos e claros, campos agrícolas e áreas urbanas.

A maioría das especies presentan dimorfismo sexual e os machos distínguense, habitualmente, por presentaren manchas, riscos ou coroas na cabeza.

As especies que aniñan en climas temperados son migratorias, desprazánsose a rexiones cálidas en inverno.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista austríaco, de cultura italiana, Giovanni Antonio Scopoli.

Etimoloxía

O nome Sylvia é un neoloxismo do latín científico usado a miúdo para designar especies de paxaros similares a Sylvia atricapilla,[2] que é un nome propio feminino que significa literalmente "que vive nos bosques", derivado do latín silva, -ae, "selva", "bosque".[3]

Clasificación

Segundo o ITIS, o xénero conta coas 29 especies seguintes:[4]

En Galicia

En Galicia existen 6 especies de papuxas; delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, e 3 son estivais.[5]

Sylvia Especie
Autoridade, ano Nome vulgar EC Distribución Imaxe Poboación Sylvia undata
(Boddaert, 1783) Papuxa montesa LC Ampla dist GZ.svg Currucarabilarga.JPG aprox. 138.000 pp.[6] Sylvia cantillans
(Pallas, 1764) Papuxa paporrubia LC Dist Papuxa paporrubia GZ.svg Sylvia cantillans1.jpg Sylvia melanocephala
(Gmelin, 1789) Papuxa cabecinegra VU Dist Papuxa cabecinegra GZ.svg Sardinian Warbler.jpg Sylvia communis
Latham, 1787 Papuxa común LC Dist Papuxa común GZ.svg Sylviacommunis 9844.JPG aprox. 236.000 pp.[6] Sylvia borin
(Boddaert, 1783) Papuxa picafollas, Papuxa apardazada VU Dist Papuxa apardazada GZ.svg Sylvia borin NRM.jpg Sylvia atricapilla
(Linnaeus, 1758) Papuxa das amoras LC Ampla dist GZ.svg Sylvia atricapilla male 2.jpg aprox. 563.800 pp.[6]

Notas

  1. papuxa no dicionario da RAG.
  2. Sylvia no Merriam-Webster Dictionary.
  3. Sylvia no Online Etymology Dictionary.
  4. Sylvia Scopoli, 1769 no ITIS.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2, pp.370-378.
  6. 6,0 6,1 6,2 Aves comúns reprodutoras en España Arquivado 11 de outubro de 2010 en Wayback Machine., SEO.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alström, Per; Ericson, Per G. P.; Olsson, Urban & Sundberg, Per (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (2): 381–397. doi 10.1016/j.ympev.2005.05.015
  • Baker, Kevin (1997): Warblers of Europe, Asia, and North Africa. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-01169-9.
  • Barker, F. Keith; Cibois, Alice; Schikler, Peter A.; Feinstein, Julie & Cracraft, Joel (2004): "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) 101 (30): 11040-11045. doi 10.1073/pnas.0401892101 PDF Texto competo Supporting information.
  • Cibois, Alice (2003): "Sylvia is a babbler: taxonomic implications for the families Sylviidae and Timaliidae". Bulletin of the British Ornithologists' Club 123: 257-261.
  • Ericson, Per G. P. & Johansson, Ulf S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (1): 126–138 doi 10.1016/S1055-7903(03)00067-8 PDF Texto completo.
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Olsson, Urban; Leader, Paul J.; Carey, Geoff J.; Khan, Aleem Ahmed; Svensson, Lars & Per Alström: (2013): "New insights into the intricate taxonomy and phylogeny of the Sylvia curruca complex". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (1): 72–85.
  • Shirihai, Hadoram (2001): Sylvia warblers. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-08833-0.
  • Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press,

Outros artigos

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Papuxas: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae).

O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas, propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia