Antalis é un xénero de moluscos escafópodos da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae),[1] que comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente como dentalios.[2]
Caractarísticas
As especies de Antalis son moluscos escavadoras, están provistas dunha cuncha cónica e curvada de 4 a 5 cm de lonxitude, oca e aberta en ambos os extremos; a abertura no extremo máis ancho ou anterior da cuncha é denomínase abertura principal. A abertura posterior, máis estreita, coñécese como abertura apical.
No orificio maior ou anterior encóntranse o pé e a boca. O manto encóntase permanentemente dentro da cuncha. O pé utilízao o animal para escavar tobos no brando substrato no que habitan. O orificio posterior, o da abertura apical, permite a circulación da auga para a evacuación das feces e para o intercambio respiratorio, xa que carecen de branquias.
Viven en sedimentos do fondo mariño, co enterrado na lama ou na area do fondo, alimentándose de organismos microscópicos, detritos e foraminíferos.
A cuncha é exteriormente lisa, non presenta estrías lonxitudinais, o que a diferencia das cunchas das especies do xénero Dentalium (o que fixo que moitas das súas especies foran clasificadas anteriormente dentro de Dentalium), que teñen a mesma forma cónica e curvada pero non lisas, senón con estrías.
Taxonomía
Descrición
O xénero Antalis foi descrito en 1854 polos irmáns Henry e Arthur Adams, malacólogos británicos, na súa obra The genera of recent Mollusca: arranged according to their organization en tres volumes publicados en 1858.
Sinónimos
Ademais do nome que lle impuxeron os irmáns adams, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]
-
Dentale da Costa, 1778
-
Dentalium (Antalis) H. Adams & A. Adams, 1854
Especies
Segundo o World Register of Marine Species, o xénero comprende as seguintes especies:[1]
-
Antalis agilis (M. Sars in G. O. Sars, 1872)
-
Antalis albatrossae Scarabino, 2008
-
Antalis alis Scarabino, 2008
-
Antalis antillaris (d'Orbigny, 1853)
-
Antalis ariannae Caprotti, 2015
-
Antalis bartletti (Henderson, 1920)
-
Antalis berryi (A. G. Smith & Gordon, 1948)
-
Antalis boucheti Scarabino, 1995
-
Antalis caprottii Martínez-Ortí & Cádiz, 2012
-
Antalis cerata (Dall, 1881)
-
Antalis circumcincta (Watson, 1879)
-
Antalis dentalis (Linnaeus, 1758)
-
Antalis diarrhox (Watson, 1879)
-
Antalis entalis (Linnaeus, 1758)
-
Antalis gardineri (Melvill, 1909)
-
Antalis glaucarena (Dell, 1953)
-
Antalis guillei Scarabino, 1995
-
Antalis inaequicostata (Dautzenberg, 1891)
-
Antalis inflexa (G. B. Sowerby III, 1903)
-
Antalis intesi (Nicklès, 1979)
-
Antalis longitrorsa (Reeve, 1842)
-
Antalis maestratii Scarabino, 2008
-
Antalis marukawai (Otuka, 1933)
-
Antalis nana (Hutton, 1873)
-
Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) [3][4]
-
Antalis occidentalis (Stimpson, 1851)
-
Antalis panorma (Chenu, 1843)
-
Antalis perinvoluta (Ludbrook, 1954)
-
Antalis phanea (Dall, 1895)
-
Antalis pilsbryi (Rehder, 1942)
-
Antalis porcata (Gould, 1859)
-
Antalis pretiosa (Sowerby, 1860)
-
Antalis rossati (Caprotti, 1966)
-
Antalis senegalensis (Dautzenberg, 1891)
-
Antalis suteri (Emerson, 1954)
-
Antalis taphria (Dall, 1889)
-
Antalis tibana (Nomura, 1940)
-
Antalis tubulata (Henderson, 1920)
-
Antalis usitata (E. A. Smith, 1894)
-
Antalis valdiviae (Plate, 1908)
-
Antalis vulgaris (da Costa, 1778) [5][6]
-
Antalis weinkauffi (Dunker, 1877)
Notas
-
↑ 1,0 1,1 1,2 Antalis no WoRMS.
-
↑ dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rías]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.
-
↑ Antigamente clasificada como Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818.
-
↑ Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818 no WoRMS.
-
↑ Antigamente clasificada como Dentalium vulgare da Costa, 1778.
-
↑ Dentalium vulgare da Costa, 1778 no WoRMS.
Véxase tamén
Bibliografía
- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
-
Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
- Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
- VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.
Outros artigos