dcsimg
Glaucocystis nostochinearum resmi

Glaucophyta

Glaucófitas ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

As glaucófitas ou Glaucophyta (tamén chamadas glaucófitos, glaucocistófitas, glaucocístidas ou, como clase única, glaucofíceas), son un pequeno grupo de algas microscópicas de auga doce.[1] Están incluídas nas modernas clasificacións no grupo Archaeplastida, xunto coas algas vermellas (Rhodophyta), algas verdes e plantas terrestres (Viridiplantae ou Chloroplastida). Porén, as relacións entre as algas vermellas, algas verdes e glaucófitas non están claras,[2] en gran parte debido ao limitado estudo que se ten feito das glaucófitas.

As glaucófitas interesan moito aos biólogos que estudan o desenvolvemento dos cloroplastos, porque algúns estudos suxiren que poden ser similares ao tipo de alga orixinal que evolucionaría orixinando as plantas verdes e as algas vermellas.[1][3]

Características

Os cloroplastos das glaucófitas coñécense co nome de cianelas. A diferenza dos plastos doutros organismos, teñen unha capa de peptidoglicano, que se cre é un resto das cianobacterias que deron orixe aos plastos por endosimbiose.[1] As Glaucophyta conteñen o pigmento fotosintético clorofila a.[1] Xunto coas algas vermellas [1] e as cianobacterias, captan a luz por medio de ficobilisomas, estruturas que constan principalmente de ficobiliproteínas. As algas verdes e as plantas terrestres carecen dese pigmento.

As glaucófitas teñen mitocondrias con cristas planas, e presentan mitose aberta sen centríolos. As formas móbiles teñen dous flaxelos desiguais, que poden ter finos peliños e están ancorados nun sistema de múltiples capas de microtúbulos, e ambas as estruturas son similares a outras atopadas nalgunhas algas verdes.

Xéneros

Só se coñecen 13 especies de glaucófitas, clasificadas en só tres xéneros, e ningunha delas é especialmente abundante na natureza.[1] Os tres xéneros son:

Notas

Véxase tamén

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Glaucófitas: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

As glaucófitas ou Glaucophyta (tamén chamadas glaucófitos, glaucocistófitas, glaucocístidas ou, como clase única, glaucofíceas), son un pequeno grupo de algas microscópicas de auga doce. Están incluídas nas modernas clasificacións no grupo Archaeplastida, xunto coas algas vermellas (Rhodophyta), algas verdes e plantas terrestres (Viridiplantae ou Chloroplastida). Porén, as relacións entre as algas vermellas, algas verdes e glaucófitas non están claras, en gran parte debido ao limitado estudo que se ten feito das glaucófitas.

As glaucófitas interesan moito aos biólogos que estudan o desenvolvemento dos cloroplastos, porque algúns estudos suxiren que poden ser similares ao tipo de alga orixinal que evolucionaría orixinando as plantas verdes e as algas vermellas.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia