dcsimg

Moraxeláceas ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

As Moraxeláceas (Moraxellaceae) Rossau et al. 1991 é unha familia de Gammaproteobacteria que comprende maioritariamente bacterias que viven no solo e nas augas naturais[1]. Malia a predominancia de especies de vida libre, existen nesta familia outras que son parasitas, en xeral inofensivas, das mucosas dos mamíferos, incluíndo os seres humanos. Algunhas especies son patóxenas[2], entre as cales están Moraxella catarrhalis, patóxena para os humanos e Moraxella bovis, axente causante da doenza dos ollos vermellos ou rosas do gando bovino (queratoconxuntivite infecciosa bovina, tamén coñecida como IBK[3])[2], e Acinetobacter baumannii pode causar infeccións intrahospitalarias en pacientes debilitados.

As bacterias desta familia son gramnegativas, aeróbicas, quimioheterótrofas e mesófilas ou psicrófilas (viven a baixas temperaturas), e en xeral considéranse bacterias psicrotróficas (especialmente as do xénero Psychrobacter). Son bacilos ou cocos catalase positivos.

Notas

Véxase tamén

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Moraxeláceas: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

As Moraxeláceas (Moraxellaceae) Rossau et al. 1991 é unha familia de Gammaproteobacteria que comprende maioritariamente bacterias que viven no solo e nas augas naturais. Malia a predominancia de especies de vida libre, existen nesta familia outras que son parasitas, en xeral inofensivas, das mucosas dos mamíferos, incluíndo os seres humanos. Algunhas especies son patóxenas, entre as cales están Moraxella catarrhalis, patóxena para os humanos e Moraxella bovis, axente causante da doenza dos ollos vermellos ou rosas do gando bovino (queratoconxuntivite infecciosa bovina, tamén coñecida como IBK), e Acinetobacter baumannii pode causar infeccións intrahospitalarias en pacientes debilitados.

As bacterias desta familia son gramnegativas, aeróbicas, quimioheterótrofas e mesófilas ou psicrófilas (viven a baixas temperaturas), e en xeral considéranse bacterias psicrotróficas (especialmente as do xénero Psychrobacter). Son bacilos ou cocos catalase positivos.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia