dcsimg
Alternaria solani Sorauer 1896 resmi
Life » » Fungi » » Asklı Mantarlar » » Pleosporaceae »

Alternaria solani Sorauer 1896

Alternaria solani ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Alternaria solani é un fungo do xénero Alternaria que ataca a familia das solanáceas de forma global, provocando unha doenza coñecida como pinta negra ou mancha de alternaria (en inglés coñecido coma early blight e en castelán coma tizón temprano).

Etioloxía

O fungo tamén é patóxeno noutras solanáceas, sobrevivindo en restos de cultivos, solos e outros hospedeiros. A infección nas follas pode ocorrer de forma asintomática, dependendo da actividade do tecido foliar, nivel de fertilización nitroxenada e idade. A alternancia entre períodos secos e húmidos favorece o rápido desenvolvemento da doenza, sendo máis severa en plantas con estrés hídrico ou nutricional.

Sinais

Ataca toda a parte aérea da planta, pecíolo e talo. Os sinais inicialmente son visíbeis nas follas máis vellas e baixas da planta, onde xorden pequenas manchas. Estas crecen posteriormente adquirindo un formato ovoide, de coloración escura e con zonas concéntricas características. Nos tubérculos, as lesións son escuras, de formato circular ou irregular e deprimidas.

Control

As medidas de control son semellantes a do mildio da pataqueira (Phytophthora infestans), pois ambas ocorren moitas veces simultaneamente. O uso de sementes de patacas sadias sas é fundamental para o control. Algúns cultivares nacionais como Aracy e Contenda teñen resistencia intermediaria porén, non dispensan o uso de funxicidas.

Véxase tamén

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Alternaria solani: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Alternaria solani é un fungo do xénero Alternaria que ataca a familia das solanáceas de forma global, provocando unha doenza coñecida como pinta negra ou mancha de alternaria (en inglés coñecido coma early blight e en castelán coma tizón temprano).

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia