Pseudo-nitzschia é un xénero de diatomeas que inclúe varias especies que producen a neurotoxina ácido domoico, unha toxina que é responsable da enfermidade humana chamada ASP (Amnesic shellfish poisoning, envelenamento por marisco amnésico). Este xénero de fitoplancto orixina floracións tóxicas en augas costeiras de Europa, Canadá, California, Oregón, estado de Washington, Asia, Australia, Nova Celanda, América Central, e América do Sur. En Galicia a especie deste xénero que se coñece é a P. australis.
A bioloxía xeral, fisioloxía, toxicidade e distribución das especies de Pseudo-nitzschia foi revisada por Bates e Trainer (2006),[1] Trainer et al. (2008),[2] Lelong et al. (2012) [3] e Trainer et al. (2012).[4]
Entre as especies que se sabe que producen ácido domoico (aínda que non todas as cepas son toxixénicas) están:
Pseudo-nitzschia é un xénero de diatomeas que inclúe varias especies que producen a neurotoxina ácido domoico, unha toxina que é responsable da enfermidade humana chamada ASP (Amnesic shellfish poisoning, envelenamento por marisco amnésico). Este xénero de fitoplancto orixina floracións tóxicas en augas costeiras de Europa, Canadá, California, Oregón, estado de Washington, Asia, Australia, Nova Celanda, América Central, e América do Sur. En Galicia a especie deste xénero que se coñece é a P. australis.
A bioloxía xeral, fisioloxía, toxicidade e distribución das especies de Pseudo-nitzschia foi revisada por Bates e Trainer (2006), Trainer et al. (2008), Lelong et al. (2012) e Trainer et al. (2012).
Entre as especies que se sabe que producen ácido domoico (aínda que non todas as cepas son toxixénicas) están:
Pseudo-nitzschia australis, presente en Galicia Pseudo-nitzschia calliantha Pseudo-nitzschia cuspidata Pseudo-nitzschia delicatissima Pseudo-nitzschia fraudulenta Pseudo-nitzschia galaxiae Pseudo-nitzschia multiseries Pseudo-nitzschia multistriata Pseudo-nitzschia pungens Pseudo-nitzschia pseudodelicatissima Pseudo-nitzschia seriata Pseudo-nitzschia turgidula