A faba de tres anos[2], feixón de tres anos[3] ou faba loba[4] (Phaseolus coccineus) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel e como planta ornamental.
Esta especie ten a súa orixe nas montañas da América Central. A maior parte das variedades teñen flores vermellas e sementes de varias cores, malia que algunhas teñen flores e sementes brancas. A planta pode crecer até 3 m de altura.[5]
Distínguese do feixón ou faba común (P. vulgaris) en varios aspectos: o cotiledón mantense no chan durante a xerminación e a planta é vivaz, con raíces tuberosas, aínda que sexa tratada frecuentemente como unha planta anual.
As fabas de tres anos, como todas as sementes do xénero Phaseolus, conteñen a proteína tóxica fitohaemaglutinina, que desaparece ao ferver, e, por tanto, débense cociñar ben antes de as consumir[6].
A faba de tres anos, feixón de tres anos ou faba loba (Phaseolus coccineus) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel e como planta ornamental.