A dos rupicaprinos (Rupicaprini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos caprinos.
Trátase de animais moi áxiles, de aspecto intermedio ao das cabras verdadeiras (tribo dos Caprini), pola forma do seu corpo, e dos antílopes (subfamilia dos Antilopinae), polas súas patas longas —ao que deben o seu nome en ingléa, goat antelopes— que vive nas altas montañas do sur de Europa, Asia en na parte occidental de América do Norte.
A subfailia foi descrita en 1945 polo zoólogo e paleontólogo estadounidense George Gaylord Simpson,[1] e está constituída polos seguintes catro xéneros:[2]
Porén, hai que facer notar que moitos autores agrupan estes xéneros na subfamilia dos caprinos, e outros, en cambio, como Cabrera, elevan o grupo á categoría de subfamilia: Rupicaprinae.[3]
Ancestrais bóvidos prosperaban en pasteiros durante o plioceno hai 7 millóns de anos (MA). Os rupicaprinos apareceron no plistoceno e distribuíronse por todo o continente eurasiático.
Porén, os camiños evolutivos das especies hoxe viventes son difíciles de rastrexar debido a que os rexistros fósiles nas montañas son escasos. De todos os xeitos, de estudos taxonómicos das especies da tribo Rupicaprini centrados no cranio e a pel, dedúcese que os xéneros Rupicapra, Oreamnos, Capricornis e Nemorhaedus son o suficientemente similares como para agrupalos nunha tribo separada (da dos Caprini). Ademais das afinidades morfolóxicas, comparacións xenéticas das especies actuais de Capricornis tamén confirman as poboacións ancestrais da liñaxe destes.[2]
Os rupicaprinos son animais que están moi ben adaptados á vida en terreos empinados, rochosos e, ademais, toleran ben o frío. Os machos son do mesmo tamaño ou lixeiramente máis grandes que as femias. Ambos os sexos teñen cornos de cor parda escura, curtos, curvados cara a atrás, en forma de gancho. Estas armas son eficientemente utilizadas nas pelexas entre os machos dominates e tamén contra os depredadores.[2]
As distintas especies difiren no tamaño, na cor da pelaxe, a configuración dos cornos e na situación e uso das glándulas odoríferas. O goral ten as glándulas preorbitais moi pequenas, os rebezos e a cabra das Montañas Rochosas, esta de pelaxe totalmente branca, teñen dúas grandes glándulas supraoccipitais e os seraus (xénero Capricornis), moi similares aos gorais, pero máis grandes, habitan xeralmente a más baixas altuitudes, son máis lentos e menos áxiles que os seus parentes do xénero Naemorhedus, porén son capaces de escalar pendentes para escapar dos depredadores ou buscar refuxio durante os invernos fríos ou os veráns calorosose, e a diferencia destes últimos, usan as súas glándulas preorbitais para marcar o seu territorio.[2]
A dos rupicaprinos (Rupicaprini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos caprinos.
Trátase de animais moi áxiles, de aspecto intermedio ao das cabras verdadeiras (tribo dos Caprini), pola forma do seu corpo, e dos antílopes (subfamilia dos Antilopinae), polas súas patas longas —ao que deben o seu nome en ingléa, goat antelopes— que vive nas altas montañas do sur de Europa, Asia en na parte occidental de América do Norte.