dcsimg

Embiotócidos ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician
 src=
Embiotoca lateralis
 src=
togaster aggregata

Os embiotócidos (Embiotocidae) son unha familia de peixes mariños e de auga doce incluída na orde Perciformes.

Morfoloxía

Alcanzan tamaños máximos de 45 cm (Rhacochilus toxotes). Posúen unha aleta dorsal con 6-11 radios espiñosos (Hysterocarpus traski ten 15-19 e 9-28 radios brandos; na aleta anal, 3 espiñas e 15-35 radios brandos. A aleta caudal é aforquitada. Na liña lateral hai de 35 a 75 escamas.

Hábitat e bioloxía

A maior parte das especies viven en cursos de auga doce de América, mentres que algunhas se distribúen polo norte do océano Pacífico norte.

Son vivíparos: o macho usa a parte anterior da aleta anal para introducir o seu seme na femia, e os embrións desenvólvense dentro desta. Desta característica deriva o seu nome, do grego embios, persistente, e tokos, -ou, nacemento.

Taxonomía

Clasifícanse en 13 xéneros (WORMS):

  • Amphistichus
  • Brachyistius Gill, 1862
  • Cymatogaster Gibbons, 1854
  • Ditrema
  • Embiotoca L. Agassiz, 1853
  • Hyperprosopon
  • Hypsurus Agassiz, 1861
  • Hysterocarpus
  • Micrometrus
  • Neoditrema
  • Phanerodon Girard, 1854
  • Rhacochilus
  • Zalembius

Véxase tamén

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Embiotócidos: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician
 src= Embiotoca lateralis  src= togaster aggregata

Os embiotócidos (Embiotocidae) son unha familia de peixes mariños e de auga doce incluída na orde Perciformes.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia