dcsimg

Nanohaloarchaeota ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

As nanohaloarqueotas (Nanohaloarcheota) son un novo filo candidato do dominio das arqueas. Son arqueas de pequeno tamaño hiperhalófilas, que viven en lagos hipersalinos. A reconstrución por ensamblaxe metaxenómica de moitas librarías secuenciadas por análise filoxenética multilocus das augas hipersalinas do lago Tyrrell en Australia de mostras de xenomas arqueanos, levou a crear o grupo das Nanohaloarchaea (nanohaloarqueas), ás que inicialmente se lles deu categoría de clase dentro das Euryarchaeota.[1][2] Análises máis detallados posteriores fixeron que foran propostas como un filo separado, as Nanohaloarchaeota, que comprenderían a única clase das Nanohaloarchaea.[3] As Nanohaloarchaeota forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Diapherotrites, Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.[4]

Notas

  1. Narasingarao; et al. (2011). "De novo metagenomic assembly reveals abundant novel major lineage of Archaea in hypersaline microbial communities". ISME J. 6 (1): 81–93. PMC 3246234. PMID 21716304. doi:10.1038/ismej.2011.78.
  2. Ghai, Rohit; Lejla Pašić, Ana Beatriz Fernandez, Ana-Belen Martin-Cuadrado, Carolina Megumi Mizuno, Katherine D. McMahon, R. Thane Papke, Ramunas Stepanauskas, Beltran Rodriguez-Brito, Forest Rohwer, Cristina Sanchez-Porro, Antonio Ventosa, Francisco Rodriguez-Valera (10 October 2011). "New Abundant Microbial Groups in Aquatic Hypersaline Environments". Scientific Reports 1. PMID 22355652. doi:10.1038/srep00135.
  3. UniProt Taxonomy. Nanohaloarchaea
  4. Christian Rinke, Patrick Schwientek, Alexander Sczyrba, Natalia N. Ivanova, Iain J. Anderson, Jan-Fang Cheng, Aaron Darling, Stephanie Malfatti, Brandon K. Swan, Esther A. Gies, Jeremy A. Dodsworth, Brian P. Hedlund, George Tsiamis, Stefan M. Sievert, Wen-Tso Liu, Jonathan A. Eisen, Steven J. Hallam, Nikos C. Kyrpides, Ramunas Stepanauskas, Edward M. Rubin, Philip Hugenholtz, e Tanja Woyke. Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter. Nature. Volume:499, Pages: 431–437. Date published: (25 July 2013). DOI: doi:10.1038/nature12352. [1]

Véxase tamén

Bases de datos científicas

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Nanohaloarchaeota: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

As nanohaloarqueotas (Nanohaloarcheota) son un novo filo candidato do dominio das arqueas. Son arqueas de pequeno tamaño hiperhalófilas, que viven en lagos hipersalinos. A reconstrución por ensamblaxe metaxenómica de moitas librarías secuenciadas por análise filoxenética multilocus das augas hipersalinas do lago Tyrrell en Australia de mostras de xenomas arqueanos, levou a crear o grupo das Nanohaloarchaea (nanohaloarqueas), ás que inicialmente se lles deu categoría de clase dentro das Euryarchaeota. Análises máis detallados posteriores fixeron que foran propostas como un filo separado, as Nanohaloarchaeota, que comprenderían a única clase das Nanohaloarchaea. As Nanohaloarchaeota forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Diapherotrites, Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia