Polypodiposida é unha clase de plantas da División Pteridophyta (fieitos) que inclúe todos os fieitos leptosporanxiados. Antes chamada Pteridopsida, na recente clasificación feita no 2006 por Smith et al. a clase é renomeada a Polypodiposida. Este nome recente de fieitos Monilophyta baséase en estudos moleculares publicados desde 1994 que clarificaron algunhas das confusións na clasificación e relacións entre as familias de fieitos.[1] Polypodiopsida é unha das catro clases de Monilophytes (unha Infradivisión, esta clasificación non é recoñecida polo International Code of Botanical Nomenclature), as outras tres son Marattiopsida, Equisetopsida, e Psilotopsida.[1]
O esquema de clasificación proposto por Smith et al.(nomes alternativos entre parénteses):
Houbo algunha oposición aos recentes estudos moleculares, avisando que ofrecen unha visión sesgada das ordes filoxenéticas porque os estudos non teñen en conta fósiles representativos [2]. De calquera xeito, os estudos moleculares aclararon relacións entre familias que foron cridas como non monofiléticas antes da información molecular, as cales foron deixadas en clasificacións non monofiléticas porque non se tiña información abondo para facer o contrario [3]. A reclasificación dos fieitos empregando múltiples estudos moleculares, os cales se apoian entre si, non é diferente entre clasificacións do pasado.
Polypodiposida é unha clase de plantas da División Pteridophyta (fieitos) que inclúe todos os fieitos leptosporanxiados. Antes chamada Pteridopsida, na recente clasificación feita no 2006 por Smith et al. a clase é renomeada a Polypodiposida. Este nome recente de fieitos Monilophyta baséase en estudos moleculares publicados desde 1994 que clarificaron algunhas das confusións na clasificación e relacións entre as familias de fieitos. Polypodiopsida é unha das catro clases de Monilophytes (unha Infradivisión, esta clasificación non é recoñecida polo International Code of Botanical Nomenclature), as outras tres son Marattiopsida, Equisetopsida, e Psilotopsida.