Dáselle o nome de anaconda[2] a catro especies de boa acuática do xénero Eunectes que habitan nos pantanos e os ríos do denso bosque tropical de América do sur e tamén no sur da illa Trinidad. A anaconda amarela pódese atopar tan lonxe como na Arxentina. As anacondas son as maiores serpes do continente americano e das de maior peso do mundo. É un predador nocturno que caza emboscando ás súas presas, sorprendéndoas coa súa camuflaxe. Non son velenosas e matan por esganamento.
Dáselle o nome de anaconda a catro especies de boa acuática do xénero Eunectes que habitan nos pantanos e os ríos do denso bosque tropical de América do sur e tamén no sur da illa Trinidad. A anaconda amarela pódese atopar tan lonxe como na Arxentina. As anacondas son as maiores serpes do continente americano e das de maior peso do mundo. É un predador nocturno que caza emboscando ás súas presas, sorprendéndoas coa súa camuflaxe. Non son velenosas e matan por esganamento.