Pronolagus é un xénero de mamíferos da orde dos lagomorfos, familia dos lepóridos.
Inclúe tres especies de lebres, segundo a maioría dos autores, distribuídas polo sur de África e coñecidas vulgarmente como lebres das rochas, debido a os terreos rochosos nos que habitan.[1]
Estas especies posúen trazos físicos e comportamentais anteriores aos doutras lebres desde o punto de vista evolutivo, e a miúdo son consideradas como coellos.
Algunhas características dos animais deste xénero son a falta dun óso interparietal nos adultos, un espazo no mesopterigoide que é máis estreito que a lonxitud mínima do padal duro, as orellas curtas (entre os 63 e os 106 mm) e a falta dunha raia na mandíbula.[2]
O xénero foi descrito en 1904 polo zoólogo estadounidense Marcus Ward Lyon,[3][4] en Smithsonian Miscellaneous Collection, 45: 416.[5]
O termo Pronolagus está formado polos elementos do latín científico prono- e -lagus. O primeiro deriva da preposición pro 'diante de' (ralacionada co prefixo do grego antigo πρό- ou πρo- pró- ou pro-, de πρό 'diante', 'adiante', diante de'). E o segundo, do substantivo grego λαγός lagós, 'lebre'. Literalmente 'as primeiras lebres'.
A maioría dos autores recoñecen no xénero as seguintes tres especies:[3][4]
Porén, na Encyclopedia of Life consideran dúas máis:[6]
Por outra parte, os expertos da UICN recoñecen unha cuarta, Pronolagus saundersiae,[7] incluída como subespecie de Pronolagus rupestris en Mammal Species of the World.[8]
As epecies dste xénero foron previamente clasificadas no xénero Lepus, por Gray,[9] ou no Oryctolagus, por Forsynth Major.[10]
O xénero Pronolagus foi proposto por Marcus Ward Lyon en 1904, baseándose nun esqueleto de Lepus crassicaudatus I. Geoffroy, 1832.[5] Máis tarde, Lyon recoñeceu o traballo de Oldfield Thomas e Harold Schwann, que argumentaron que un espécime en particular pertencía a unha especie que denominaron Pronolagus ruddi Thomas & Schwann 1905;[11] e escribiu que a especie tipo do xénero "debería ser Pronolagus crassicaudatus Lyon (non I. Geoffroy) = Pronolagus ruddi Thomas & Schwann".[12]
Pronolagus é un xénero de mamíferos da orde dos lagomorfos, familia dos lepóridos.
Inclúe tres especies de lebres, segundo a maioría dos autores, distribuídas polo sur de África e coñecidas vulgarmente como lebres das rochas, debido a os terreos rochosos nos que habitan.
Estas especies posúen trazos físicos e comportamentais anteriores aos doutras lebres desde o punto de vista evolutivo, e a miúdo son consideradas como coellos.