dcsimg

Hexanquiformes ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

Os hexanquiformes (Hexanchiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos que inclúe os tiburóns modernos máis primitivos.

A orde comprende tan só cinco especies viventes.

Especies de tiburóns fósiles aparentemente moi similares aos tiburóns de sete branquias (xénero Heptranchias) coñécese desde o xurásico.[2]

Características

Os hexanquiformes só teñen unha aleta dorsal, seis ou sete fendeduras branquiais e non posúen membrana nictitante nos ollos.

O tiburón anguía, Chlamydoselachus anguineus, é moi diferente dos demais membros da orde (que na literatuira anglosaxona coñécense como cow sharks, "tiburóns vaca", polo que algúns autores propoñen formar con el unha nova orde, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes).

Sistemática

 src=
Dentadura dun Chlamydoselachus.
 src=
Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus).
 src=
Grupo de cow sharks ou "tiburóns vaca" (familia Hexanchidae).
 src=
Debuxo dun bocadoce (Hexanchus griseus).
 src=
Notidanodon sp. fósil (Museo Xeolóxico de Copenhaguen).

Especies vivas

Especies extintas

En Galicia

Nas proximidades das costas galegas están citadas as seguintes especies:[5][6]

Notas

  1. Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Hexanchiformes, en FishBase. Versión xaneiro de 2009.
  2. Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. New York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4, p. 45.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2004. Consultado o 14 de novembro de 2012.
  4. [1]
  5. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  6. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. New York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Hexanquiformes: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

Os hexanquiformes (Hexanchiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos que inclúe os tiburóns modernos máis primitivos.

A orde comprende tan só cinco especies viventes.

Especies de tiburóns fósiles aparentemente moi similares aos tiburóns de sete branquias (xénero Heptranchias) coñécese desde o xurásico.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia