A dos taquiglósidos (Tachyglossidae) é unha familia de mamíferos da orde dos monotremas, a única da suborde dos taquiglosos (Tachyglossa), coñecidos vulgarmente como equidnas.
As catro especies existentes, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros sobreviventes desta orde, e son os únicos mamíferos que poñen ovos. Malia que a súa dieta consiste en formigas e térmites, non están relacionados cos osos formigueiros de América máis que a calquera outro mamífero.
Viven en Australia e Nova Guinea.
Os equidnas reciben o seu nome do Equidna, personaxe da mitoloxía grega (en grego antigo, Εχιδνα Echidna "víbora"; en latín, Echidna) que era unha ninfa monstruosa.
A familia foi descrita en 1872 polo zoólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.