Gurgullo é o nome xenérico aplicado a varias especies de insectos coleópteros da familia dos curculionídeos, sendo un dos máis coñecidos o gurgullo do eucalipto.
As especies endémicas de gurgullos alóxanse nas sementes ou vaíñas de legumes, tamén nos ourizos das castañas (gurgullo da castaña) e mesmo atacan os cereais almacenados en celeiros ou cabazos.