dcsimg

Peixe lúa ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O peixe lúa (Mola mola) é o peixe óseo máis pesado coñecido. Ten un peso medio de mil quilogramos. Habita en augas tropicais e temperadas arredor do mundo. Semella unha testa de peixe sen cola, e o seu corpo é aplanado polos laterais. Os peixes lúa poden ser tan altos coma longos cando estenden as súas aletas dorsais e ventrais.

Teñen unha dieta que consiste principalmente en medusas. Como esta dieta é pobre en nutrientes, consómenas en grandes cantidades para desenvolverse e manter a súa medida. As femias poñen máis ovos que calquera outro vertebrado coñecido. As crías semellan peixes globos, con grandes aletas pectorais, unha aleta caudal e espiñas corporais que non son típicas dos exemplares adultos.

Os peixes lúa adultos son vulnerables a poucos predadores naturais, pero os leóns mariños, as candorcas e os tiburóns cómenos. Entre os humanos, os peixes lúa son considerados unha exquisitez nalgunhas partes do mundo, coma no Xapón, Corea e Taiwán, pero na Unión Europea está prohibido vender a súa carne.[1] Os peixes lúa acotío quedan accidentalmente atrapados en redes, e tamén son vulnerables a mancarse ou morrer por causa de refugallos flotantes, como bolsas de plástico.

É un membro da orde dos tetraodontiformes, que inclúe ós peixes globo, ós peixes ourizo e ós peixes bésta, cos cales comparte moitos trazos comúns.

Notas

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Peixe lúa: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O peixe lúa (Mola mola) é o peixe óseo máis pesado coñecido. Ten un peso medio de mil quilogramos. Habita en augas tropicais e temperadas arredor do mundo. Semella unha testa de peixe sen cola, e o seu corpo é aplanado polos laterais. Os peixes lúa poden ser tan altos coma longos cando estenden as súas aletas dorsais e ventrais.

Teñen unha dieta que consiste principalmente en medusas. Como esta dieta é pobre en nutrientes, consómenas en grandes cantidades para desenvolverse e manter a súa medida. As femias poñen máis ovos que calquera outro vertebrado coñecido. As crías semellan peixes globos, con grandes aletas pectorais, unha aleta caudal e espiñas corporais que non son típicas dos exemplares adultos.

Os peixes lúa adultos son vulnerables a poucos predadores naturais, pero os leóns mariños, as candorcas e os tiburóns cómenos. Entre os humanos, os peixes lúa son considerados unha exquisitez nalgunhas partes do mundo, coma no Xapón, Corea e Taiwán, pero na Unión Europea está prohibido vender a súa carne. Os peixes lúa acotío quedan accidentalmente atrapados en redes, e tamén son vulnerables a mancarse ou morrer por causa de refugallos flotantes, como bolsas de plástico.