dcsimg

Flamengo rosa ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O flamengo rosa, flamengo vulgar ou flamengo grande (Phoenicopterus roseus) é a especie de flamengo cunha distribución xeográfica máis ampla. O seu territorio abrangue partes de África, Asia e do sur de Europa.

Descrición

É un dos flamengos meirandes, de entre 120 e 140 cm de altura media, dos que 40 ou 50 cm corresponden ás patas. Está sistematicamente moi preto do flamengo de Chile e do flamengo de Cuba, cos que en ocasións se considera que forma unha especie única.

A súa plumaxe é case toda de cor branca rosada, coas plumas cobertoiras das ás vermellas. As plumas rémixes primarias e secundarias son negras. Ten o bico rosa coa punta negra. As patas son completamente rosadas. O seu berro característico é algo semellante ó dos gansos Coma tódolos flamengos aliméntanse de crustáceos e plancto que obteñen filtrando a auga.

Distribución

Aprecen en partes de África, suroeste de Asia (incluída Anatolia), nas rexións costeiras da India e no sur de Europa ( España, Portugal e na Camarga francesa. Algunhas poboacións son migratorias.

Reprodución

Crían en colonias en zonas planas e lamacentas á beira do mar ou lagos salgados. Poñen, coma tódolos flamengos, un único ovo, de cor branca, nun niño feito nunha pila de lama. Non crían cada ano e a incubación dura uns 30 días.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Flamengo rosa: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O flamengo rosa, flamengo vulgar ou flamengo grande (Phoenicopterus roseus) é a especie de flamengo cunha distribución xeográfica máis ampla. O seu territorio abrangue partes de África, Asia e do sur de Europa.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician