Anolis gorgonae é unha especie de réptil escamoso da familia Polychrotidae.[1] É endémico da illa Gorgona, en Colombia.[1] É de cor azul agrisado; vive no interior da selva de Gorgona a adoita permanecer nos toros das árbores.
Por mor do hábitat illado e a natureza esquiva de A. gorgonae, foi difícil estimar exactamente a súa poboación, mais os expertos sinalan que está en perigo de extinción.[2] A especie está a ser devorada polo introducido Basiliscus galeritus e está ameazada pola deforestación.[2] O maior dano causado no hábitat de A. gorgonae ocorreu cando se construíu o cárcere de Gorgona no interior da illa na década de 1950.[2] Suxeriuse que algúns exemplares fosen capturados para un programa de reprodución en cativerio.[2]
Anolis gorgonae é unha especie de réptil escamoso da familia Polychrotidae. É endémico da illa Gorgona, en Colombia. É de cor azul agrisado; vive no interior da selva de Gorgona a adoita permanecer nos toros das árbores.