dcsimg

Blechnaceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As blechnáceas (nome científico Blechnaceae) son unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] clasifícase aínda cun probábel Blechnum parafilético, como no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).[4]

Taxonomía

A clasificación máis actualizada é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006, 2008); que tamén fornece unha secuencia lineal das licofitas e monilofitas.[4][5]

  • Familia 39. Blechnaceae Newman, Hist. Brit. Ferns, ed. 2: 8 (1844). Sinónimo: Stenochlaenaceae Ching, Acta Phytotax. Sin. 16: 18 (1978).
2–9 xéneros. (Blechnum, Brainea, Pteridoblechnum, Sadleria, Salpichlaena, Stenochlaena, Woodwardia). Referencias: Nakahira (2000), Cranfill (2001), Cranfill & Kato (2003).
Nota: O xénero Doodia está incluído en Blechnum (Shepherd et al. 2007). Blechnum na súa circunscrición actual, aínda incluíndo a Doodia, probabelmente sexa parafilético. O estado doutros xéneros como Brainea, Pteridoblechnum, Sadleria, Salpichlaena e Stenochlaena aínda non está claro, mais algúns destes probabelmente deban ser incluídos en Blechnum sensu latexo (véxase Cranfill 2001). Necesítanse máis estudos na delimitación dos xéneros desta familia.

Clasificación sensu Smith et al. 2006

Localización taxonómica:

Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida, Orde Polypodiales, Familia Blechnaceae.

Sinónimo: Blechnoides.

Incluíndo Stenochlaenaceae.

No ano 2006, 9 xéneros recoñecidos (Smith et al. 2006):

  • Blechnum sensu lato (A meirande parte dos xéneros recoñecidos de blechnáceas aníñanse dentro de Blechnum sensu lato, e a aceptación de cada un deles como xénero ou non, dependerá dunha revisión da circunscrición de Blechnum sensu lato, que é manifestamente parafilético tal como se usa hoxe en día -Nakahira 2000, Cranfill 2001-).
  • Brainea
  • Doodia
  • Pteridoblechnum
  • Sadleria
  • Salpichlaena
  • Steenisioblechnum
  • Stenochlaena
  • Woodwardia (incl. Anchistea, Chieniopteris, Lorinseria. Seica é unha ramificación temperá dentro da familia -Cranfill e Kato 2003-).

Preto de 20 especies.

Filoxenia

Monofilético, irmán de Onocleaceae (Hasebe et al. 1995, Cranfill 2001, Cranfill e Kato 2003).

Caracteres

Coas características de Pteridophyta.

Rizomas rastreiros, ascendentes ou erectos, ás veces arborescentes, usualmente con estolón

Follas monomórficas ou usualmente dimórficas. Veas pinadas ou bifurcadas, ceibas a varias veces anastomosadas. Areolas sen veíñas inclusas. Nas follas fértiles as areolas forman areolas costulares ("costular" en inglés) que portan os soros. Soros en cadeas ou lineais, usualmente paralelos e adxacentes á vea media. Con indusio lineal que se abre cara á vea media (cara a dentro).

Esporanxios con pé de 3 filas de células de espesor. Pé curto ou longo.

Esporas reniformes, con marca monolete. Perina (perisporio) alada.

Gametofitos verdes, cordados.

Número de cromosomas: x = 27, 28, 31-37 (en Blechnum e os seus segregados, e en Woodwardia), e x = 40 (en Salpichlaena).

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Christenhusz et al. 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 pdf
  3. 3,0 3,1 3,2 pdf
  4. 4,0 4,1 4,2 "A classification for extant ferns".
  5. 5,0 5,1 ), Biology and Evolution of Ferns and Lycophytes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Blechnaceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As blechnáceas (nome científico Blechnaceae) son unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011 clasifícase aínda cun probábel Blechnum parafilético, como no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician