dcsimg

Magnolia ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Magnolia é un xénero cuns 120 especies de plantas da familia das Magnoliáceas. Localízanse principalmente no leste de América do Norte, América central, sueste de Asia e América do Sur.

Algunhas especies coma Magnolia grandiflora (magnolio, de folla perenne) ou Magnolia denudata ou a magnolia de Soulange (ambas as dúas de folla caediza) son moi comúns na xardinaxe galega, abundando en arboredos e xardíns urbanos, palacianos, e ultimamente en xardíns privados. Hai bos exemplares no Parque de Castrelos e na Praza de Compostela en Vigo, no arboredo do Pazo de Lourizán, en Marín, entre outros lugares.

Índice

Orixe do nome

O xénero leva o nome de Pierre Magnol, botánico de Montpellier (Francia). A primeira especie identificada deste xénero foi M. virginiana, atopada por uns misioneiros enviados a América do Norte na década de 1680. Atopouse tamén alí a coñecida M. grandiflora, xa no século XVIII.

Evolución

A magnolia é unha antiga familia que evolucionou antes de que aparecesen as abellas, polo que as flores desenvolvéronse de xeito que puidesen ser polinizadas por escaravellos. Coma consecuencia, posúen duros carpelos para evitar a súa deterioración. Téñense atopado exemplares fosilizados de M. acuminata con 20 millóns de anos e se puideron identificar plantas pertencentes á familia Magnoliaceae que datan de hai 95 millóns de anos. Outra característica distintiva das magnolias é a ausencia de sépalos ou pétalos; no canto posúen tépalos, termo que se acuñou para se referir a este elemento intermedio.

Especies seleccionadas

A listaxe de especies a seguir foi adaptada a partir da que usa a Magnolia Society.[2] Non representa a última palabra na subclasificación do xénero Magnolia, xa que un consenso claro aínda non se acadou.
A listaxe está dividida en subxéneros, 12 seccións e 13 subseccións. Cada especie indícase do mesmo xeito:
Nome botánico Autoridade do binomio. - Nome común galego, se o ten (Rexión na que se atopa)

Subxénero Magnolia

Os estames ábrense dividíndose pola fronte mirando ao centro da flor. Caducifolio ou siempreverde. Flores producidas despois das follas.

 src=
Magnolio (Magnolia grandiflora.

Sección Magnolia

Sección Gwillimia

Subsección Gwillimia
Subsección Blumiana

Sección Talauma

Subsección Talauma
Subsección Dugandiodendron
Subsección Cubenses
 src=
Flor da Magnolia macrophylla var. ashei na fase feminina.

Sección Manglietia

Sección Kmeria

Sección Rhytidospermum

Subsección Rhytidospermum
Subsección Oyama
  • Magnolia globosa Hook.f. & Thoms. (Nepal, Birmania)
  • Magnolia sieboldii K.Koch (Corea, leste da China)
    • Magnolia sieboldii ssp. japonica K.Ueda (Xapón)
    • Magnolia sieboldii ssp. sinensis (Rehd. & Wilson) Spongberg (China central)
  • Magnolia wilsonii (Finet. & Gagnep.) Rehd. (Suroeste da China)

Sección Auriculata

  • Magnolia fraseri Walt. (Sueste dos EUA)
    • Magnolia fraseri var. pyramidata (Bartram) Pampanini (Sueste dos EUA.)

Sección Macrophylla

  • Magnolia macrophylla Michx. (Sueste dos EUA)
    • Magnolia macrophylla var. ashei (Weatherby) D.Johnson ( Sueste dos EUA)
    • Magnolia macrophylla var. dealbata (Zuccarini) D.Johnson (Leste de México)

Subxénero Yulania

Os estames ábrense dividíndose nos lados. Caducifolio. As flores producidas principalmente antes de agomaren as follas (agás M. acuminata).

Sección Yulania

Subsección Yulania
Subsección Tulipastrum
  • Magnolia acuminata (L.) L. (Leste de América do Norte)
    • Magnolia acuminata var. subcordata (Spach) Dandy (Sueste dos EUA)

Sección Michelia

 src=
Magnolia × alba.
Subsección Michelia
Subsección Elmerrillia
  • Magnolia platyphylla (Merr.) Figlar & Noot. (Illas Filipinas)
  • Magnolia pubescens (Merr.) Figlar & Noot. (Illas Filipinas)
  • Magnolia tsiampacca (L.) Figlar & Noot. (Sumatra, Nova Guinea)
    • Magnolia tsiampacca ssp. tsiampacca var. glaberrima (Dandy) Figlar & Noot. (Malasia, Nova Guinea)
    • Magnolia tsiampacca ssp. mollis (Dandy) Figlar & Noot. (Sumatra, Borneo)
  • Magnolia vrieseana (Miq.) Baill. Ex Pierre (Célebes, As Molucas)
Subsección Maingola
Subsección Aromadendron

Subxénero Gynopodium

Sección Gynopodium

Sección Manglietiastrum

Galería de imaxes

Notas

  1. Sinónimos en Kew
  2. "Classification used by the Magnolia Society". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Magnolia: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Magnolia é un xénero cuns 120 especies de plantas da familia das Magnoliáceas. Localízanse principalmente no leste de América do Norte, América central, sueste de Asia e América do Sur.

Algunhas especies coma Magnolia grandiflora (magnolio, de folla perenne) ou Magnolia denudata ou a magnolia de Soulange (ambas as dúas de folla caediza) son moi comúns na xardinaxe galega, abundando en arboredos e xardíns urbanos, palacianos, e ultimamente en xardíns privados. Hai bos exemplares no Parque de Castrelos e na Praza de Compostela en Vigo, no arboredo do Pazo de Lourizán, en Marín, entre outros lugares.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician