dcsimg
Image of Procambarus Ortmann 1905

Louisiana Crawfish

Procambarus clarkii

Cangrexo de río americano ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cangrexo de río americano, Procambarus clarkii, é un crustáceo decápodo macruro da familia dos cambáridos.

É un cangrexo de río nativo do sueste dos Estados Unidos, pero que se pode encontrar noutros continentes, onde pode ser unha especie invasora.

Distribución

A zona de orixe do cangrexo americano é a costa do Golfo de México de Estados Unidos desde o norte de México até Florida e tamén cara ao interior polo sur de Illinois e Ohio. Tamén foi ás veces introducido deliberadamente fóra da súa zona de orixe como en países de Asia, África, Europa e outros sitios do continente americano. No norte de Europa as poboacións mantéñense pero non se expanden, pero no sur de Europa, este cangrexo estase expandindo e colonizando novos territorios e desprazando os cangrexos de río autóctonos, como Astacus astacus, Austropotamobius spp., etc.

Na península Ibérica desprazou en moitísimos cursos de auga o cangrexo de río ibérico (Austropotamobius pallipes lusitanicus). Comprobouse que algúns individuos son capaces de atravesar quilómetros de terreo relativamente secos, especialmente nas épocas húmidas do ano, aínda que o comercio para acuarios e os pescadores poden ter acelerado a expansión nalgunhas zonas (crese que os pescadores ao usar este cangrexo como cebo introducírono no estado norteamericano de Washington). Tamén se fixeron intentos de usar o cangrexo americano como un medio de control biolóxico de organismos, para reducir as poboacións de caracois implicados no ciclo biolóxico da esquistosomíase, polo que se favorece a introdución do cangrexo de río americano, por exemplo, en Kenya.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cangrexo de río americano: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cangrexo de río americano, Procambarus clarkii, é un crustáceo decápodo macruro da familia dos cambáridos.

É un cangrexo de río nativo do sueste dos Estados Unidos, pero que se pode encontrar noutros continentes, onde pode ser unha especie invasora.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician