Keteleeria é un xénero con tres especies de coníferas pertencentes á familia Pinaceae, relacionado co xénero Nothotsuga e Pseudolarix. Distínguese de Nothotsuga por ter os conos máis grandes, e de Pseudolarix polas súas follas perennes e que os conos non se desintegran rapidamente ao maduraren. Os tres xéneros teñen os conos masculinos desenvolvéndose en umbelas e da súa habilidade, rara nas coníferas de reproducirse por vástagos.
O xénero atópase no sur da China (dende Shaanxi sur a Guangdong e Yunnan), Taiwán, Hainan, norte de Laos e Vietnam.
Son árbores perennes que acadan os 35 metros de altura. As follas son como agullas de 1.5–7 cm de lonxitude e 2–4 mm de largo. As piñas son erectas de 6–22 cm de lonxitude e madurecen en 6-8 meses logo da polinización, o tamaño das piñas é moi variábel nas tres especies.
O xénero foi nomeado en honra de J.B. Keteleer (1813-1903), un coidador francés.