dcsimg

Orangután de Sumatra ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O orangután de Sumatra (Pongo abelii) é unha especie de orangután que xunto co orangután de Borneo e o orangután de Tapanuli conforma o único xénero de grandes simios de Asia.

Conservación

 src=
Orangután de Sumatra en Bukit Lawang.

O orangután de Sumatra é un endemismo da illa de Sumatra e o seu hábitat atópase actualmente restrinxido na parte norte da illa. En liberdade, os orangutáns de Sumatra sobreviven na provincia de Aceh, a máis setentrional de Sumatra.[2] No pasado, os orangutáns estaban moito máis espallados que na actualidade, e no século XIX aínda se podían atopar nas provincias de Jambi e Padang.[3] Tamén hai pequenas poboacións na provincia de Sumatra do Norte, particularmente nos bosques da beira do lago Toba. Un estudo realizado na rexión do lago Toba amosou que só hai dúas áreas con poboacións de orangután. Unha delas é Bukit Lawang, que está considerado un santuario de animais, e a outra é o Parque Nacional Gunung Leuser[4]

A especie está considerada en perigo crítico de extinción na Lista Vermella da IUCN dende o ano 2000, e tamén se atopa entre os 25 primates máis ameazados do mundo.[5]

Un estudo de 2004 ofrece unha estimación duns 7.300 orangutáns que aínda viven en liberdade. Parte deles viven protexidos en cinco áreas do Parque Nacional Gunung Leuser, mentres que outros viven en áreas non protexidas como no noroeste e nordeste da provincia de Aceh, na beira oeste do río Batang Toru, no leste de Sarulla e Sidiangkat. Por outra banda, no Parque Nacional Bukit Tiga Puluh púxose en funcionamento un programa de cría que está a ter moito éxito.

A principal razón pola que o orangután de Sumatra se atopa en perigo de extinción é porque as compañías de aceite de palma destrúen a selva na que vive.

Notas

  1. Singleton, Ian; Wich, Serge A.; Nowak, Matthew G.; Usher, Graham; Utami-Atmoko, Sri Suchi (2017). "Pongo abelii". Lista Vermella da IUCN. 2017.3 (International Union for Conservation of Nature): e.T121097935A115575085. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-3.RLTS.T121097935A115575085.en. Consultado o 22 de xuño de 2018.
  2. Singleton, I., S. Wich, S. Husson, S. Stephens, S. Utami Atmoko, M. Leighton, N. Rosen, K. Traylor-Holzer, R. Lacy, O. Byers (2004). Orangutan Population and Habitat Viability Assessment. Orangutan Population and Habitat Viability Assessment: IUCN.
  3. Rijksen, H. D. (1978). "A Field Study on Sumatran Orang utans (Pongo pygmaeus abelli, Lesson 1827)". Ecology, Behavior and Conservation.
  4. S. A. Wich; I. Singleton; S. S. Utami-Atmoko; M. L. Geurts; H. D. Rijksen; e C. P. van Schaik (2003). "The status of the Sumatran orang-utan Pongo abelii: an update". Flora & Fauna International. 1 37: 49. doi:10.1017/S0030605303000115.
  5. Mittermeier, R.A.; Wallis, J.; Rylands, A.B.; Supriatna, E.A.; Ganzhorn, J.U.; Oates, J.F.; Palacios, E.; Heymann, E.W. e Kierulff, M.C.M. (2009). "Primates in Peril: The World's 25 Most Endangered Primates 2008–2010" (PDF). IUCN/SSC Primate Specialist Group (PSG), International Primatological Society (IPS), and Conservation International (CI): 1–92. Consultado o 22 de xullo de 2014.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Orangután de Sumatra: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O orangután de Sumatra (Pongo abelii) é unha especie de orangután que xunto co orangután de Borneo e o orangután de Tapanuli conforma o único xénero de grandes simios de Asia.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician