dcsimg

Elefante africano de sabana ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O elefante africano de sabana[2] (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes[3] ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies[4].

Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto[5], sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.

Notas

  1. Blanc, J. (2008). "Loxodonta africana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 04 April 2010.
  2. Definición de elefante, -ta no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. IUCN African Elephant Specialist Group (AfESG): Statement on the Taxonomy of extant Loxodonta (February, 2006)
  4. ^ Rohland, Nadin; Reich, David; Mallick, Swapan; Meyer, Matthias; Green, Richard E.; Georgiadis, Nicholas J.; Roca, Alfred L.; Hofreiter, Michael (2010). Genomic DNA Sequences from Mastodon and Woolly Mammoth Reveal Deep Speciation of Forest and Savanna Elephants Arquivado 14 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. PLoS Biology 8 (12): p. e1000564. December 2010
  5. Wood, Gerald (1983). The Guinness Book of Animal Facts and Feats. ISBN 978-0-85112-235-9.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Elefante africano de sabana: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O elefante africano de sabana (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies.

Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto, sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician