dcsimg

Iberolacerta galani ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Iberolacerta galani é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das oito integradas na actualidade no xénero Iberolacerta.[2]

É un endemismo dos montes de León aínda que algunhas das súas poboacións viven no oriente da provincia de Ourense.[3][4]

A especie foi nomeada en honor do herpetólogo galego Pedro Galán Regalado.

Antigamente estivo incluída noi xénero Lacerta.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 2006 polos herpetólogos Óscar Arribas, Salvador Carranza e Gaetano Odierna.[5]

Etimoloxías

Para a do xénero, véxase Iberolacerta

O epíteto específico, galani, é unha homenaxe dos descritores ao herpetólogo coruñés Dr. Pedro Galán Regalado.[6] pola súa dedicación de toda a súa vida ao estudo da herpetofauna ibérica e á historia natural en xeral.[5]

Sinónimos

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceus tamén polos sinónimos seguintes:[7]

  • Lacerta (iberolacerta) monticola Carranza 2004
  • Lacerta monticola Arribas 1996
  • Lacerta monticola Elvira 1982

Características

É unha especie de Iberolacerta de tamaño grande,se ndo a especie más grande do xénero, cunha lonxitude cabeza-cloaca notábel (as femias de até 84,42 mm). As patas anteriores e posteriores son comparativamente máis curtas que noutras especies. Presenta numerosos ocelos axilares de cor azul viva.[5]

A súa masa corporal media é de 15,22 g.[8]

O seu cariotipo é único entre os Iberolacerta, ten 36 cromosomas na súa dotación diploide, un NOR de tipo L, cromosomas sexuais W e Z, e secuencias características nos xenes do seu ADN mitocondrial para o citocromo b e o ARNr de 12S.[2]

Distribución

Iberolacerta galani é endémica dos montes de León: serra Segundeira, serra de Cabreira, Pena Trevinca e serra de Teleno, situadas entre as provincias de León, Zamora e Ourense.[4]

Hábitat

Na súa área de distribución, Iberolacerta galani habita zonas supraforestais, situadas entre os 1 770 e 2 000 m sobre o nivel do mar, caracterizadas por un clima de alta montaña incluídas nos pisos climáticos oromediterráneo e crioromediterráneo.[4]

Ameazas

As poboaciónes cercanas ao Teleno están potencialmente ameazadas polo desenvolvemeto do turismo, incluída a posibel reapertura da estación de esquí de El Morredero, nos montes Aquilianos, no Bierzo, ou a de Fonte da Cova, no macizo de Pena Trevinca, no concello de Carballeda de Valdeorras.
Así mesmo, tamén está posibelmente ameazada pola alteración do seu hábitat durante os percorridos ciclistas (Volta Ciclista a España e Volta a León) nas que algunhas etapas termians en El Morredero e atraen a unha gran cantidade de seguidores. Tamén é probábel que as poboacións nas partes baixas da área de distribución da especie poidan verse afectadas pola extracción de lousa e en operacións minerias similares dentro da área.[4]

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie, aínda que és abundante dentro da súa área de distribución, esta é moi pequena (a su extensión é de menos dee 5 000 km2), e pode estar diminuíndo, polo que ualidica o seu status como NT (case ameazada), necesitándose máis detalles sobre a gravidad das súas ameazas, o que fai que estea cerca da cualificación de en perigo de extinción.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Óscar Arribas (2009): Iberolacerta galani na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 23 de novembro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Iberolacerta en The Reptile Database.
  3. Iberolacerta galani en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Arribas & Carranza 2007.
  5. 5,0 5,1 5,2 Arribas, Carranza & Odierna 2006.
  6. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, EUA: Johns Hopkins University Press. p. 97. ISBN 978-1-4214-0135-5. Iberolacerta galani
  7. Bisby, F. A.; Roskov, Y. R.; Orrell. T. M.; Nicolson, D.; Paglinawan, L. E.; Bailly, N.; Kirk, P. M.; Bourgoin, T.; Baillargeon, G. & Ouvrard, D. (ed.) (24 de sembro de 2012). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist.". Species 2000: Reading, UK.
  8. Iberolacerta galani Arribas, Carranza & Odierna 2006 na EOL.

Véxas tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Iberolacerta galani: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Iberolacerta galani é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das oito integradas na actualidade no xénero Iberolacerta.

É un endemismo dos montes de León aínda que algunhas das súas poboacións viven no oriente da provincia de Ourense.

A especie foi nomeada en honor do herpetólogo galego Pedro Galán Regalado.

Antigamente estivo incluída noi xénero Lacerta.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician