Bradypus torquatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos,[2] unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.[3]
É unha especie endémica do leste do Brasil (Estados de Bahia, Espírito Santo e o Río de Xaneiro), que se acha en perigo de extinción; segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o seu estatua actual é de VU (vulnerábel).[1]
Non se recoñecen subespecies,[2] aínda que para algúns autores a poboación setentrional (no sur da Bahia) podería considerarse unha subespecie separada), aínda que indistinguíbel das otras na morfoloxía externa.[1]
O preguiceiro de colar mide uns 50 cm de lonxitude e pesa uns 4,5 kg. Ten a cabeza, as orellas e os ollos pequenos e a cola curta, escondida baixo a pelaxe.
A súa pelaxe é longa, mesta e de cor escura, e está normalmente colonizado por algas, ácaros, carrachas, escaravellos e bolboretas nocturnas, que ás veceslle dan coloracións diversas.
Sobre a cabeza, o pescozo e os ombros a pelaxe ten o aspecto de crina. Por debaixo existe unha capa de lanuxe, pelo fino, mesto e pálido.
Bradypus torquatus leva unha vida completamente solitaria e arborícola. Aliméntase de follas, brotes e poliñas tenras dunhas poucas especies de árbolres, especialmente de Cecropia pellata. Pasa case todo o tempo nas árbores, e raramente baixa ao solo; só descende para defecar, ou para pasar a outra árbore. No chan só pode arrastrarse, xa que é incapaz de erguere e camiñar.[4]
A súa principal defensa é permanecer inmóbil e, en caso de maior apuro, pode dar gadoupadas coas súas formidables uñas.
É un bo nadadore, e pode vadear ríos.
A especie foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger, en Prodr. Syst. Mamm. Avium: 109.[2]
Ao logo do tempo, ademais de polo nome que lle impuxo Illiger, e que é o actualmente considerado como válido, esta especie coneceuse tamén polos sinónimos seguintes:[2]
Até 1955 o preguiceiro de colar vivía en Bahia, Espírito Santo e Río de Xaneiro, no leste do Brasil, no bosque costeiro da Bahia. Pero nos úlimos anos a súa poboación declinou considerabelmente debido á destrución dese tipo de bosque para a extracción de madeira, (sobre todo para a produción de carbón vexetal), a instalación de plantacións e pasteiros é á caza excesiva.[1]
Bradypus torquatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos, unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.
É unha especie endémica do leste do Brasil (Estados de Bahia, Espírito Santo e o Río de Xaneiro), que se acha en perigo de extinción; segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o seu estatua actual é de VU (vulnerábel).
Non se recoñecen subespecies, aínda que para algúns autores a poboación setentrional (no sur da Bahia) podería considerarse unha subespecie separada), aínda que indistinguíbel das otras na morfoloxía externa.