Tarsius tarsier (Erxleben, 1777), moitas veces citada como Tarsius spectrum (Pallas, 1778),[2] é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme e da súa única familia, a dos tarsíidos,[3] que é o tipo do xénero Tarsius. Vive na illa indonesias de Selayar, e coñécese na bibliografía internacional como tarsio fantasma.
Até hai poucos anos incluíanse nas súas poboacións, ademais de na illa de Selayar, as do suroeste da illa Célebes, pero recentemente separáronse estas últimas nunha nova especie, Tarsius fuscus.[4]
A clasificación dos tarsios foi, durante moito tempo, confusa. Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.[5]
Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,[6] para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).[5]
A especie foi descrita en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Erxleben, en Syst. Regni Anim., I. Mammalia: 71.[3]
Ao longo do tempo, a especie foi coñecida tamén polos sinónimos seguintes:[3]
O nome específico, tarsier, é unha voz do latín científico derivada do francés tarsier, "tarsio", que á súa vez esta tirado do latín tarsus, e este do grego antigo "esteira de vimbio", "ampla superficie plana"[7][8] ou, talvez, de tarse co sufixo -ier (e tarse do grego antigo ταρσός tarsós, "fileira dos dedos do extremo do pé", "tarso",[9] que é o máis plausíbel.
O outro nome específico, spectrum, co que moitas veces se cita, é unha voz latina que significa "imaxe, aparición, espectro".[10]
Cando se consideran incluídas as poboacións de Tarsius fuscus dentro de T. tarsier, as femias pesaban entre 102 e 114 g, mentres que o peso dos machos era de entre 118 e 130 g. A lonxitude da cabeza e o tronco é de 9,5 a 14 cm, e a cola mide entre 20 e 26 cm.[11]
O promedio de vida na natureza crese que é que de 10 anos; porén, o tarsio de Horsfield, estreitamente relacionado co fantasma, pode vivir até 17 anos en catividade, e pénsase que o tarsio fantasma pode ter unha lonxevidad similar.[11]
O tarsio fantasma mostra adaptacións extremas para aferrarse verticalmente, gabear e desprazarse saltando no seu hábitat adecuado, o sotobosque dos bosques tropicais, a miúdo a 2 m ou menos do solo, aínda que, aparentemente, menos que outros tarsios, como o tarsio filipino ou o de Horsfield, xa que, por exemplo, carece de dedos adhesivos.
Pénsase que o seu ámbito ou área de vida é de ao redor dunha hectárea ou menor.[12][13]
A área de dispersión dos tarsios fantasmas circunscríbese a Indonesia, concretamente son endémicos da illa Célebes, das próximas illas Buton, Muna, Kabaena, Selayar e as illas Togian. Nelas están presentes até altitudes de 1 100 a 1500 m sobre o nivel do mar.[14][15]
É moi probábel que as súas poboacións estean subdivididas en numerosas subespecies alopátricas (insulares) e parapátricas, segundo algunhas hipóteses recentes.[14][15]
De acordo con diversos estudos, este taxon encóntrase en bosques primarios (virxes), secundarios (afectados pola man do home), mangleiros, cultivos e xardíns, así como nunha certa variedade doutros hábitats con diferentes graos de perturbación humana, pero que subministren cobertura arbustiva adecuada.
Son primates de hábitos nocturnos, que viven en grupos pequenos de 2 a 6 individuos, de costumes monogámicas ou poligámicas.[12]
A súa dieta componse nun 100 % de presas animais vivas (son carnívoros), fundamentalmente insectos (insectívoros) e, ocasionalmente, algúns pequenos vertebrados, como roedores e réptiles.[13]
"Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo.
Tarsius tarsier (Erxleben, 1777), moitas veces citada como Tarsius spectrum (Pallas, 1778), é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme e da súa única familia, a dos tarsíidos, que é o tipo do xénero Tarsius. Vive na illa indonesias de Selayar, e coñécese na bibliografía internacional como tarsio fantasma.
Até hai poucos anos incluíanse nas súas poboacións, ademais de na illa de Selayar, as do suroeste da illa Célebes, pero recentemente separáronse estas últimas nunha nova especie, Tarsius fuscus.