dcsimg

Pecarí de colar ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O pecarí de colar[2] (Pecari tajacu) é unha especie de mamífero da familia dos taiasúidos que habita en América do Norte, Central e do Sur.

Hábitat

O pecarí de colar é unha especie amplamente esparexida dende a América tropical até subtropical, dende o suroeste dos Estados Unidos até o norte arxentino en Suramérica.[1] A única illa caribeña onde é nativo é a Illa Trinidad,[1] aínda que foi introducido en Cuba.[3] Habita nos montes xerófilos e desérticos, pasteiros tropicais e subtropicais, sabanas, montes baixos, sabanas e pasteiros asulagados, fragas de follas anchas tropicais e subtropicais, así como noutros hábitats.[1]

Comportamento

Os pecarís de colar son animais nómades diúrnos que viven en grupos de 1 a 20 membros, pero polo xeral son de 6 a 9 membros. Dormen pola noite en tobeiras, ou a miúdo baixo as raíces das árbores.

Aínda que adoitan ignorar a presenza humana, os pecarís de colar poderían reaccionar se son ameazados, empregando os seus longos cairos que se afian sós cando abren e pechan a súa boca. Ademais, liberan un almiscre moi forte se se sinten alarmados.

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Beck, H., Taber, A., Altrichter, M., Keuroghlian, A. & Reyna, R. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. "Pecarí de Colar en Vigozoo". Consultado o 4 de setembro de 2018.
  3. "Pecari tajacu". EOL.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Emmons, Louise H., Francois Feer. 1997. Mamíferos de Selvas Neotropicales, Guía de Campo.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Pecarí de colar: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O pecarí de colar (Pecari tajacu) é unha especie de mamífero da familia dos taiasúidos que habita en América do Norte, Central e do Sur.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician