dcsimg
Image of English yew
Creatures » » Plants » » Gymnosperms » » Yew Family »

English Yew

Taxus baccata L.

Teixo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O teixo (Taxus baccata L.) é unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entalladura. Ten partes tóxicas: o latín taxus vén do grego taxon, que significa 'frecha envelenada'. É unha especie moi escasa e ameazada no territorio galego.

Descrición

O teixo é unha árbore baixa, se ben excepcionalmente pode atinxir ata 28 metros de altura. O seu perfil é variado cunha cima irregular e un tronco groso, curto e con nós, do que nacen pólas a só uns centímetros do chan. As formas arbustivas son tamén frecuentes.

A cortiza da árbore ten unha cor que oscila entre o castaño vermello, ás veces moi escuro, ata o púrpura. Esta cortiza é bastante fina e desescama con certa facilidade. As follas son agullas febles, planas e de cor entre o verde escuro por enriba e verde máis claro por embaixo, de base foliar decorrente. Miden polo xeral entre 1 e 4 cm. Estas agullas están inseridas en espiral arredor das pólas e gallas.

O teixo é unha especie dioica: os exemplares femias producen uns arilos carnosos ou bagas, de cor vermella moi viva, que envolven parcialmente ás sementes. Non son tóxicos, sendo consumidos polas aves, porén as sementes si son tóxicas, como todo o resto da planta. As flores dos exemplares machos producen un pole, amarelo, en primavera. O arilo madura nese mesmo verán.

Toxicidade

 src=
Imaxe das follas e das sementes, algunhas xa recubertas polo arilo.
Taxus baccata MHNT seed.jpg

Esta toxicidade da planta débese a unha mistura de alcaloides: taxoides, diterpenos cíclico esterificados por ácidos comúns e por ácidos aminados ou por compostos semellantes a estes mesmos aminados: taxina A, B, C, paclitaxel, 10-desacetilbaccatina III, taxifilina, cefalomanina etc. Só foi illado un glicósido: a taxicatina. O zume contén un aceite irritante para o tubo dixestivo. En total, un centenar de compostos foron illados. A taxina, que é a substancia illada dende hai máis tempo, é, polo xeral, considerada a responsábel da toxicidade, pero o resto das outras substancias tamén o é en maior ou menor grao. O taxol é un antitumoral importante para distintos tipos de cancro. A pesar da súa toxicidade emprégase considerablemente en xardinaría para facer sebes.

Distribución

O teixo esténdese dende o noroeste de África a Europa, Asia Menor, e aínda ata o Cáucaso e norte de Irán. Atura temperaturas moi baixas. Pódese atopar nos Alpes bávaros ata os 1.350 m de altitude e ata os 1.600 m no cantón suízo do Valais. Os seus límites setentrionais atinxen os 62º 30' de latitude norte en Noruega e os 61º N en Suecia, dentro da isoterma do mes de xaneiro de -5 °C. En Galicia é unha planta rara que aparece illada en lugares coma O Courel, os Ancares ou o Xurés, agás nun caso, o teixadal de Trevinca, onde se formou un pequeno bosque, cousa pouco habitual nesta especie. O abondoso de topónimos do tipo Teixeiro, Teixeira ou Teixido, mais a presenza doutros como Teixoeira e Teixidón suxire que antigamente era unha especie moito máis presente en Galicia.

Árbores senlleiras en Galiza

Os teixos, abundantes noutrora en Galiza, e moitas veces ligados ás igrexas, medraron durante séculos chegando a se converter en árbores monumentais.

Sete individuos de teixo aparecen recollidos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Tradicións

Dentro da antiga cultura céltica o teixo (galo *eburos) tivo unha extraordinaria importancia. Unha pasaxe de César narra que Catuvolcus, xefe dos Eburones -literalmente "fillos do teixo"-, suicidouse envelenándose con teixo antes que entregarse a Roma (De bello Gallico 6:31). De xeito similar Floro (2: 33, 50-51) conta que os cántabros, asediados polo legado Gaio Furnio, no 22 a.C. preferiron suicidarse, ben pola espada ou lume ou ben por veleno extraído de teixos. E, así mesmo, Orosio relata que os galaicos sitiados no monte Medulio, preferiran morrer suicidados polas propias armas ou por veleno de teixo, antes que renderse aos romanos (6, 21, 1).

Nome común

Xardón, torobisco, teixo, freixo e arteixo.[1]

Notas

  1. "Teixo (Taxus baccata L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 8 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Teixo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O teixo (Taxus baccata L.) é unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entalladura. Ten partes tóxicas: o latín taxus vén do grego taxon, que significa 'frecha envelenada'. É unha especie moi escasa e ameazada no territorio galego.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician