Torpedo é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, o tipo da familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,[2] estrugas,[3] ortigas,[4] ou raias eléctricas,[5]
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[6]
A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[7]
A situación taxonómica do xénero Torpedo é controvertida. Para algúns autores sería o único da familia dos torpedínidos, mentres que a maioría consideran que esta comprende, además de Torpedo, o xénero Tetronarce. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Tetronarce).
Morfoloxía
As principais características das especies do xénero Torpedo son as seguintes:[1]
- Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel.
- A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal.
- Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
- As femias son ovovivíparas.
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1764 polo médico e naturalista neerlandés Maarten Houttuyn,[8] na súa monumental obra Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus ("Historia Natuural completa dos animais, plantas e minerais, segundo o sistema do señor Linneo"), publicada en 37 volumes en Amsterdam entre 1761 e 1785.
Porén, algúns autores atribúenlle a súa descrición, en 1806, ao zoólogo francés André Marie Constant Duméril.[9]
Etimoloxía
O nome do xénero, Torpedo, deriva do verbo latino torpere , 'agarrotarse', 'quedar paralizado', facendo referencia ao efecto que producen estes animais en alguén que os manipula ou os pisa cando están vivos.
Sinonimia
O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
- Segundo o ITIS:[8]
-
Eunarce Fowler, 1910
-
Fimbriotorpedo Fritsch, 1884
- Segundo o WoRMS:[10]
-
Narcacion Gill (ex Klein), 1861
-
Narcacion Klein, 1776
-
Narcacion Bleeker (ex Klein), 1865
-
Narcobatus Blainville, 1816
-
Notastrape Whitley, 1932
-
Tetronarcine Tanaka, 1908
-
Torpedo Duméril, 1806
Clasificación
Algúns autores consideran que este xénero comprende dous subxéneros:[10]
-
Torpedo (Tetronarce), coa especie:
-
Torpedo (Tetronarce) nobiliana Bonaparte, 1835, representada como Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835, e aceptada actualmente como Tetronarce nobiliana (Bonaparte, 1835).
-
Torpedo (Torpedo), coas especies:
-
Torpedo (Torpedo) marmorata Risso, 1810, aceptada como Torpedo marmorata Risso, 1810.
-
Torpedo (Torpedo) torpedo (Linnaeus, 1758), aceptada como Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758).
Porén, na actualidade, a maioría dos autores consideran o subxénero Tetronarce como un xénero independente.
Especies
En canto ás especies, segundo o WoRMS,[10] e a FishBase,[1] o xénero comprende as seguintes especies:
-
Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002
-
Torpedo alexandrinsis Mazhar, 1987
-
Torpedo andersoni Bullis, 1962
-
Torpedo bauchotae Cadenat, Capapé & Desoutter, 1978
-
Torpedo californica Ayres, 1855
-
Torpedo fairchildi Hutton, 1872
-
Torpedo formosa Haas & Ebert, 2006
-
Torpedo fuscomaculata Peters, 1855
-
Torpedo mackayana Metzelaar, 1919
-
Torpedo macneilli (Whitley, 1932)
-
Torpedo marmorata Risso, 1810
-
Torpedo microdiscus Parin & Kotlyar, 1985
-
Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835
-
Torpedo panthera Olfers, 1831
-
Torpedo peruana Chirichigno F., 1963
-
Torpedo puelcha Lahille, 1926
-
Torpedo semipelagica Parin & Kotlyar, 1985
-
Torpedo sinuspersici Olfers, 1831
-
Torpedo suessii Steindachner, 1898
-
Torpedo tokionis (Tanaka, 1908)
-
Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758)
-
Torpedo tremens de Buen, 1959
Segundo o ITIS:[8]
-
Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002
-
Torpedo andersoni Bullis, 1962
-
Torpedo bauchotae Cadenat, Capape & Desoutter, 1978
-
Torpedo californica Ayres, 1855
-
Torpedo fuscomaculata Peters, 1855
-
Torpedo mackayana Metzelaar, 1919
-
Torpedo macneilli (Whitley, 1932)
-
Torpedo marmorata Risso, 1810
-
Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835
-
Torpedo panthera Olfers, 1831
-
Torpedo peruana Chirichigno F., 1963
-
Torpedo sinuspersici Olfers, 1831
-
Torpedo tokionis (Tanaka, 1908)
-
Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758)
-
Torpedo tremens de Buen, 1959
Galería
Notas
-
↑ 1,0 1,1 1,2 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2015): Familia Torpedinidae en FishBase.
-
↑ torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
-
↑ estruga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
-
↑ ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
-
↑ Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
-
↑ Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
-
↑ Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
-
↑ 8,0 8,1 8,2 Torpedo Houttuyn, 1764 no ITIS.
-
↑ Torpedo Duméril, 1806 no WoRMS.
-
↑ 10,0 10,1 10,2 Torpedo no WoRMS.
Véxase tamén
Bibliografía
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos