dcsimg

Eurocephalus ruppelli ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician

 src=
Arriba, área de distribución de E. ruppelli
 src=
Pousado nunha póla.

Eurocephalus ruppelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

É un picanzo que se distribúe pola África oriental.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1853 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,[2] na páxina 440 da súa obra Revue et magasin de zoologie pure et appliquée.[3]

Etimoloxía

Para a do xénero, ver Eurocephalus.

O epíteto específico foi unha homenaxe coa que Bonaparte honrou ao naturalista alemán Eduard Rüppell.

Subespecies

Tense descrito varias subespecies, baseadas en que existe unha ampia variación individual na plumaxe, e que os espécimes do norte da sía área de distribución son máis grandes que os do sur, pero a maioría dos autores consideran que é unha especie monotípica.

Hábitat e distribución

Hábitat

Eurocephalus ruppelli vive en rexións secas e abertas con arbustos, áreas semidesérticas e bosques abertos con acacias, até altitudes de 1 600 m.[1][4]

Distribución

Distribúese pola África oriental, desde o sur de Etiopía e o sueste de Sudán do Sur até Tanzania, encontrándose, ademais dos países citados, en Kenya, Somalia e Uganda.[1][4]
(Véxase o mapa á dereita).

Características

Esta especie mide entre 19 e 23 cm de lonxitude (é algo menor que o seu parente próximo Eurocephalus anguitimens), ten a coroa (a parte superior da cabeza de cor branca pura).
As ás son apardazadas e a cola, relativamente longa, parda escura.
A garganta e a peituga son brancas, os flancos apardazados e as partes inferiores do corpo, abrancazadas.
Ambos os sexos son similares, pero os xuvenís teñaen a coroa marrón, os flancos brancos e a peituga gris.
O seu voo é semellante ao dun loro.[4]

Costumes

Eurocephalus ruppelli, como o seu parente E. anguitimens, é gregario, e forma grupos de até 12 espécimes. Caza lazándose desde un pousadoiro alto, alimentándose principalmente de grandes insectos, usualmente apañados no solo, e tamén se alimenta nas costas de mamíferos grandes, como fan os búfagos ou picabois, que comen os seus parasitos e, ocasionalmente, consome froitos caídos no solo.[4]

O seu niño, en forma de copa, de paredes grosas, está feito de teas de araña e herbaa, e colócano nunha galla dunha árbore, en posición horizontal, a una altura de de 4 a 6 m sobre o solo. As femia poñe nel de dous a catro ovos de casca branca o lila, con manchas gries, purpúreas o pardas. É probábel que ocorra a denominada cría cooperativa, dados os hábitos gregarios desta especie e a cría cooperativa coñecida de Eurocephalus anguitimens.[4]

Status

Eurocephalus ruppelli ten unha área de dispersión moi ampla, e é moi común nalgúns lugares (aínda que raro noutros). Non se recoñecen ameazas particulares, e a súa poboación parece estábel. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avaliuou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician

Eurocephalus ruppelli: Brief Summary ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician
 src= Arriba, área de distribución de E. ruppelli  src= Pousado nunha póla.

Eurocephalus ruppelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

É un picanzo que se distribúe pola África oriental.

лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician