dcsimg

Calocedrus ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.

Características

As principais características das especies deste xénero son:[1]

  • Son árbores perennifolios de gran porte, coa copa cónica, estreita, ramaxe densa, con nomerosas pólas sinuosas coas ramiñas separadas en abano.
  • A follaxe está composta por follas escamentas bastante longas, decorrentes na base, de cor verde, que desprenden un olor resinoso bastante forte cando se fregan.
  • Son especies monoicas.
  • As flores masculinas son duns 3 mm de lonxitude, globulares e douradas, e as femininas, primeiramente, dunha cor verde intensa, que se transforman, despois da fecundación e maduración, en pequenos conos ovoides, estreitos e rematados en punta.
  • As piñas son pardas ao maduraren (despois dun ano, aproximadamente), liberando entón pequenas sementes aladas.
  • Os ramallos son parecidos aos das tuias e os camecíparis, dos que se diferencian polas súas escamas máis alongadas, e de dous a tres veces máis longas ca largas.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1873 polo botánico alemán Wilhelm Sulpiz Kurz nun traballo publicado en J. Bot. 11: 196, t. 133.[2][3]

Etimoloxía

O nome científico Calocedrus está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -cedrus. O primeiro deriva do grego antigo καλός kalós, "fermoso", e o segundo do latín cedrus, tirado do grego antigo κέδρος kédros, "cedro". Literalmente: "cedros fermosos".

Sinónimo

  • Librocedrus decurrens Torrey [4] [5]
  • Heyderia K.Koch (homónimo ilexítimo) [6]

Especies

Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes catro especies:[2][7]

En Galicia

Destas catro especies, en Galicia a única cultivada en parques e xardíns é a C. decurrens, o cedro de California,[4] que, a pesar da súa elegancia, só se encontra no parque de Padrón (tres exemplares moi antigos), no paseo da da Ferradura de Santiago,[4] e no xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, que figura no catálogo de árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Calocedrus: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician