Treponema é un xénero de bacterias do grupo das espiroquetas, finas e pequenas (de 0,1 a 0,4 µm de diámetro e 6 a 10 µm de longo), con espiras regulares e apertadas e extremos afiados. A especie máis importante do xénero é Treponema pallidum, axente causante da sífilis.
As especies Treponema hyodysenteriae e Treponema innocens foron reclasificadas no xénero Serpula.[1]
As especies de Treponema son bacterias helicoidais que se tinguen dificilmente con colorantes de anilina e facilmente con Giemsa ou por impregnación arxéntica. Son móbiles en medios líquidos, xa que se moven por rotación ou translación. Teñen de 1 a 5 flaxelos, xeralmente 3. Son organismos quimioheterótrofos, que utilizan unha gran variedade de carbohidratos ou aminoácidos como fonte de enerxía e carbono. Realizan unha respiración aerobia estrita ou son microaerófilos. En fresco só poden observarse cun microscopio de campo escuro ou por contraste de fase.
As especies patóxenas son difíciles de cultivar no laboratorio, e é máis fácil visualizar o organismo directamente da mostra con inmunofluorescencia directa e certas tinguiduras especializadas. Normalmente son parasitos e patóxenos do home e animais. Viven na cavidade oral, o aparato dixestivo e órganos xenitais.
A taxonomía actualmente aceptada deste xénero está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [5] e nos datos do National Center for Biotechnology Information (NCBI)[6] e a filoxenia foi elaborada con datos do ARNr 16S da LTP 106 polo 'The All-Species Living Tree' Project [7]
?T. bryantii Stanton e Canale-Parola 1980
?T. calligyrum ♠ Noguchi
?T. carateum ♥
?T. minutum ♦ Dobell 1912
?T. pallidum ♦T. p. endemicum ♠ Smibert 1984
T. p. pallidum ♠ (Schaudinn and Hoffmann 1905) Schaudinn 1905
?T. paraluiscuniculi ♦ (Jacobsthal 1920) Smibert 1974
?T. pertenue ♦ (Castellani 1905) Castellani e Chalmers 1910
?T. phagedenis ♠T. p. phagedenis ♠ (Noguchi 1912) Brumpt
T. p. vaccae ♠ Evans et al. 2006
?T. refringens ♠ (Schaudinn e Hofmann 1905) Castellani e Chalmers
?T. vincentii ♠ Smibert 1984
?T. zioleckii ♠ Piknova et al. 2008
Spirochaeta caldaria Pohlschroeder et al. 1995
T. isoptericolens Dröge et al. 2008
T. azotonutricium Graber et al. 2004
T. primitia Graber et al. 2004
T. mediumT. m. bovis ♠ Evans et al. 2006
T. m. medium ♠ Umemoto et al. 1997
T. pedis Evans et al. 2009
T. denticola (ex Flügge 1886) Chan et al. 1993
T. putidum Wyss et al. 2004
T. lecithinolyticum Wyss et al. 1999
T. maltophilum Wyss et al. 1996
T. brennaborense Schrank et al. 1999
T. parvum Wyss et al. 2001
T. socranskiiT. s. buccale Smibert et al. 1984
T. s. paredis Smibert et al. 1984
T. s. socranskii Smibert et al. 1984
T. amylovorum Wyss et al. 1997
T. porcinum Nordhoff et al. 2005
T. succinifaciens Cwyk e Canale-Parola 1981
T. saccharophilum Paster e Canale-Parola 1986
T. berlinense Nordhoff et al. 2005
T. pectinovorum Smibert e Burmeister 1983
Notas:
♦ Cepa tipo perdida ou non dispoñible
♠ Cepas que se encontran no National Center for Biotechnology Information (NCBI) pero non están na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN)
♥ Cepas que non figuran no NCBI nin na LPSN.
Treponema é un xénero de bacterias do grupo das espiroquetas, finas e pequenas (de 0,1 a 0,4 µm de diámetro e 6 a 10 µm de longo), con espiras regulares e apertadas e extremos afiados. A especie máis importante do xénero é Treponema pallidum, axente causante da sífilis.
As especies Treponema hyodysenteriae e Treponema innocens foron reclasificadas no xénero Serpula.