dcsimg

Angüiliformes ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Características

Presentan un corpo tipicamente moi alongado, serpentiforme (morfoloxía á que debe o nome do grupo). Adoitan teren a pel núa, sen escamas, e cando as teñen son de tipo cicloide, e están embebidas na pel.[2][3]

A abertura das branquias adoita ser moi estreita e desprazada no corpo cara a atrás; os maxilares posúen dentes ben formados en toda a boca. Todos teñen vexiga natatoria..[2][3]

Carecen de aletas pelvianas e mesmo do esqueleto no que se basearían estas aletas. As aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies e, aquelas que as presentan, téñenas en posición moi alta.
As aleta dorsal e anal adoitan estaren unidas á caudal, que é pequena e con raios curtos.[2][3]

Clasificación

 src=
Congro (Conger conger).
 src=
Morea (Muraena herlena) no Aquarium Finisterrae.

Divídense en tres subordes cun total de 15 familias:[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 FishBase
  2. 2,0 2,1 2,2 Muus et al. (1988)
  3. 3,0 3,1 3,2 Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995)
  4. ITIS.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos

(en inglés)

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Angüiliformes: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Sacofarinxiformes ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src=
Peixe pelicano (Eurypharynx pelecanoides)

Os Sacofarinxiformes (Saccopharyngiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Superorde Elopomorfos (Elopomorpha). Comprende un pequeno número de especies abisais de estraño aspecto aínda que con certas semellanzas coas anguías.

Características

Perderon algúns ósos do cranio e do corpo. Carecer de escamas, aletas pélvicas e de vexiga natatoria. Teñen unhas mandíbulas proporcionalmente moi grandes, ata o punto de que algunhas especies son quen de consumir peixes de maior tamaño ca eles. A liña lateral non posúe poros senón uns grupos de túbulos.

Comen peixes, copépodos, camaróns e plancto. Utiliza a boca como unha rede, abréndoa mentres nada cara á presa e enviándoa enteira.

Clasificación

Divídese en catro familias:

  • Familia Cyematidae
  • Familia Eurypharyngidae
  • Familia Monognathidae
  • Familia Saccopharyngidae

Véxase tamén

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Sacofarinxiformes: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src= Peixe pelicano (Eurypharynx pelecanoides)