dcsimg
Image de Tortue sillonnée
Life » » Animaux » » Vertébrés » » Testudinata » » Testudinidae »

Tortue Sillonnée

Centrochelys sulcata (Miller 1779)

Tartaruga de esporas africana ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A tartaruga de esporas africana (Centrochelys sulcata) é unha especie de tartaruga criptodira da familia dos testudínidos e único membro do xénero Centrochelys. Habitaba boa parte do territorio do norte africano, no bordo sur do deserto do Sáhara, no Sahel, e que actualmente case só sobrevive dentro de parques nacionais e reservas de fauna. Está ameazada no seu hábitat por mor do proceso de urbanización do seu hábitat, a desertización, a agricultura, os pasteiros, así como polo uso da súa carne na alimentación local e pola medicina tradicional.

Polo seu tamaño é a terceira maior tartaruga terrestre do mundo, e a maior das continentais (non orixinarias de arquipélagos).[5]

Taxonomía e etimoloxía

O nome xenérico resulta dunha combinación dos termos gregos geo (γαια), que significa "terra", e chelone (χελώνη), que significa "tartaruga". O nome específico "sulcata" deriva da palabra latina sulcus, que significa "asuco, engurra" facendo referencia ós asucos que aparecen nas escamas da cunha da tartaruga.

Distribución e hábitat

 src=
G. sulcata saíndo do seu refuxio.

Geochelone sulcata é unha especie afrotropical do Sahel, distribúese por Etiopía, Malí, Chad, Mauritania, Níxer, o Senegal e o Sudán. Vive nas sabanas, os bosques de acacias, e en zonas áridas e secas. A temperatura do seu ambiente é constante e é de arredor de 30-31 °C nas áreas máis quentes e 22 °C nas zonas máis frías. As baixas temperaturas e a alta humidade poden causarlle doenzas respiratorias. O seu metabolismo está moi adaptado á conservación de auga, que obtén principalmente da vexetación. Durante as horas máis cálidas escava tobos para defenderse da calor.[6]

Notas

  1. Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (1996). "Geochelone sulcata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 15 de xullo de 2016.
  2. {{{genus}}} {{{species}}} na Reptarium.cz Reptile Database
  3. Fritz Uwe; Peter Havaš (2007). "Checklist of Chelonians of the World" (PDF). Vertebrate Zoology 57 (2): 279–280. ISSN 18640-5755. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2010. Consultado o 29 de maio de 2012.
  4. Geochelone&species =sulcata&search_param =%28%28genus%3D%27Geochelone%27%29%29 Centrochelys sulcata en Reptile database
  5. Tortoises, Terrapins & Turtles of Africa. Struik Publishers. ISBN 1-77007-463-5.
  6. Kaplan, Melissa. (1996)African Spurred Tortoises. Reptile and Amphibian Magazine, septiembre/octubre 1996, pp. 32-45

Véxase tamén

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Tartaruga de esporas africana: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A tartaruga de esporas africana (Centrochelys sulcata) é unha especie de tartaruga criptodira da familia dos testudínidos e único membro do xénero Centrochelys. Habitaba boa parte do territorio do norte africano, no bordo sur do deserto do Sáhara, no Sahel, e que actualmente case só sobrevive dentro de parques nacionais e reservas de fauna. Está ameazada no seu hábitat por mor do proceso de urbanización do seu hábitat, a desertización, a agricultura, os pasteiros, así como polo uso da súa carne na alimentación local e pola medicina tradicional.

Polo seu tamaño é a terceira maior tartaruga terrestre do mundo, e a maior das continentais (non orixinarias de arquipélagos).

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician